AULA DA ARTE DE VERAN
A experiencia da paisaxe. Natureza viva.
 
 
 
 
Buño, Malpica, a Costa da Morte como espacios de encontro, coñecemento e intercambio de experiencias para interesados nas artes.
Buño do 4 ó 11 de Xullo de 1998
 
 
 
OBXECTIVOS
  • Achegamento á Costa da Morte como espacio de múltiples posibilidades creativas.
  • Estudio da paisaxe (mar, toxo, pedra e barro) do entorno.
  • Establecer unha plataforma estable de encontro, creatividade e relación entre artistas galegos e estranxeiros.
  • Desenvolver unha iniciativa dirixida ó turismo cultural, ecolóxico e artístico.
DESTINATARIOS

Estudiantes de Belas Artes, Artes e Oficios, artesáns e afeccionados ás artes plásticas en xeral.  

DIRIXIDO POR:

Profesora Ana Mª  Vargas Graves. 
  

LUGAR  

Casa do Oleiro - Buño - Malpica. (A Coruña). 
  

CUOTA

8.000 pts.  a ingresar na conta de Caixa Galicia.  Nº: 2091-0030-58-3110000014 

Inclúe matrícula, dossier, actividades complementarias, xantar nas Illas Sisargas e materiais básicos. (Os participantes deberán traer o seu propio material de traballo. Asimesmo, deberán doar unha das súas obras elaboradas no transcurso desta Aula para o Fondo Municipal da Arte).  

Nº DE PRAZAS

20 (por orde de inscrición). 
  

CONCELLO DE MALPICA  
Dpto. Educación e Cultura  
15113 Malpica  
A Coruña        
 
 
 
 
 
   
          PROGRAMA
Sábado, 4:  
    4,30 h. Recepción de participantes. Entrega de documentación.  
    4,45 h. Inauguración.  
    18 h. Visita guiada ó Museo da Cerámica, C. Comarcal e Taller Oleiro.
Domingo, 5:   
    10 h. Traballo na aula.  
    16,30 h. Encontro coa poesía: Batallón Literario da Costa da Morte.  
    18 h. Traballo na aula.
Luns, 6:  
    10 h. Charla -proxección: "A paisaxe natural e os Centros de Arte Contemporánea". Manuel Olveira (CGAC).  
    12,30 h. Traballo na aula.  
    16,30 h. Traballo no exterior.
Martes, 7:  
    10 h. Visita guiada a tres centros artísticos: Mens, Nariga e Lugrís.  
    16,30 h. Traballo na aula.  
     
Mércores, 8:  
    10 h. Encontro coa ecoloxía: Rasgos da paisaxe galega. Roxelio P. Moreira (biólogo).  
    12,15 h. Traballo na aula.  
    16,30 h. Percorrido turístico pola Costa da Morte ata Fisterra.  
     
Xoves, 9:   
    10 h. Traballo na aula.  
    16,30 h. Encontro coas artes escénicas: A paisaxe na tradición oral. Cándido Pazó (dramaturgo).  
     
Venres, 10:  
    10 h. Traballo na aula.  
    16,30 h. Traballo no exterior.  
     
Sábado, 11:   
    11 h. Viaxe ás Illas Sisargas: percorrido, traballo e sardiñada.  
    22 h. Concerto de Música Folc.
Colabora: