1º de Maio, unha boa data para 
percorrer a Costa da Morte.
Desde a Costa da Morte quero convidalos a que se despracen ata a nosa zona, tendo en conta que estamos a contar cun clima
inmellorable para descubrir a forza das nosas paisaxes.
  
Manuel L. Pan 

Se ainda non ten claro a onde sair nesta ponte do 1º de maio, non dubide nin por un momento a visitar a Costa da Morte. 

Claro está que si non ten previsto vir é porque ainda non a coñece, xa que quen nos visita repite. Repite porque se quedan abraidaos polas paisaxes, repiten porque as nosas xentes son do mellor, repiten porque os nosos productos unha vez postos enriba dunha mesa convencen a calquera pola sua naturalidade e frescura, pero tamén repiten porque NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER. 

Eu por exemplo quero propoñerlles unha rota visitando todos aqueles puntos da zona que destacan polo pulo da súa artesanía. 

Na Costa da Morte temos a sorte de contar cunha cantidade de artesáns inmensa, ainda que moitos deles a día de hoxe non se consideren tales, sinon que ainda ven a súa profesión de toda a vida como un oficio, e na maioría dos casos están infravalorados. Os productos son nosos, arrincados da mesma terra, as mans son as nosas, as afeitas a traballar eses productos toda a vida, e os afortunados somos todos, que podemos ainda a día de hoxe disfrutar duns bos zocos ou zapatos feitos a man, da Cerámica de Buño ou Carnota para usar e decorar nas nosas casas, do Liño de Baio para decorar os nosos corpos, do Encaixe de  Camariñas para poder agasallar a calquera e quedar como unha reina, ou poder ollar os nosos esforzados mariñeiros nas lobores do mar, os verdes prados de Xallas, traballados polos incansables labregos, ou mesmo, porque non, visitar o obradoiro de calquera panadeiro da zona e mercar o pan de Carballo recén saido do forno. 

Estimados amigos e visitantes, tan só teño unha cousa que dicirvos, vinde a visitar a Costa da Morte, ainda que só sexa para ver bater o fero mar no Roncudo, ou en Cabo Fisterra, ou en Cabo Touriñán, ou no Vilán, ou, ou ............ 

Hai hoxe oito dias
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com