
O inicio da tradición oleira de Buño
dátase na prehistoria coa elaboración de cacharros feitos
a man. Nas minas de estaño de Monte Neme ou nas de ouro de Corcoesto
empregábanse crisois de barro de Buño. As pezas da Idade
Media son de escasa variedade e austera decoración. Como mostra,
a xarriña medieval exposta en Expo Bergantiños. Os séculos
XVI e XVII marcan o inicio dunha idade esplendorosa trala elaboración
dos canos para a traída de auga da fonte do Mercado da Coruña.
Nos séculos XVIII e XIX viviu a súa idade de ouro. Pezas
de alfarería, documentos e fotografías de Buño espalláronse
mesmo polo Museo da Hispanic Society of América.
Situación/
Pezas/ Oleiros/
Tipos
|