O modo tradicional de extracción do barro, manual e traballoso, realizábase desde o comezo do verán ata finais de agosto, época na que o barro posúe menor humidade. Cun legón cavábase un barreiro (pozo) ata encontrar a veta de arxila. Se a capa de arxila era pouco profunda abríanse unhas galerías ("capillas") no barreiro. Cando este tiña moita profundidade, os cachotes extraíanse nun cesto ou caldeiro tirado por unha corda. No exterior estivábase a morea de cachotes. Na actualidade, as vetas son descubertas por pas mecánicas, facilitando así o abastecemento de barro para varios anos. 

Situación/ Pezas/ Oleiros/ Tipos