|
Herdanza
do pasado que pervive no tempo. A olería no Buño
de mar arxiloso é recurso, oficio tradicional, pouso
artístico e sensibilidade espallada polos rueiros dunha
vila na Costa da Morte.
Obradoiros
de feituras que falan coas mans, que verquen autenticidade no
forno quente, que moldean a nobreza do barro desde hai séculos.
De
utensilios domésticos a complementos decorativos ou mesmo
aplicacións arquitectónicas, Buño contribúe
co seu saber ó enriquecemento do noso patrimonio cultural.
Amosar
tanta beleza e riqueza etnográfica coa presente obra
é render tributo á historia deste reducto artesán.
|