entra e xoga Visita o noso espacio
A Liga da Costa na Rede Siga a Liga da Costa na Rede
Quere chegar á fin do camiño? O Camiño a Fisterra e Muxía

Clasificacións, partidas, ... Especial sobre Xadréz

como pensamos? Opinións desde o Finisterrae


Campaña para salvar os penedos da Costa da Morte

Web-cam da TVG

- Nº 116 - 07/04/2000
conhezanos mellor
 
compre a sua obra 

LUAR NA LUBRE ADICALLE OS PREMIOS DA MUSICA OS HOMES E MULLERES DO MAR DA COSTA DA MORTE .

Este insigne grupo folk galego, ven de gañar dous premios da música da sociedade Xeral de Autores de España.

Información ofrecida por Radio Nordés-Cadena Ser
e o
Web Costa da Morte

Luar na Lubre ven de conquerir os premios da música á 'mellor canción en galego' ó tema 'Chove en Santiago' e ó 'mellor album de novas músicas' por 'Cabo do Mundo', entregados o día 6 de abril do presente ano pola Sociedade Xeral de Autores de España.

Na entrega dos premios, o grupo quixo adicar os premios os homes e mulleres do mar da Costa da Morte. Este é un detalle público que honra a un grupo que xa denotara unha inspiración para o seu último traballo 'Cabo do Mundo', adicandollo a Urbano Lugrís, o pintor do mar. E que utilizou as paraxes da Costa da Morte para todas as reportaxes fotográficas e videográficas, que se puideron ver en todo o mundo, gracias a que foron difundidas entre outras cadeas pola CNN.

Desde o Web da Costa da Morte e desde Radio Nordés Cadena Ser, queremos agradecerlles a este extraordinario grupo todo o que leva feito pola nosa ben querida Costa da Morte. E por dar unha imaxe tan digna do que son as nosas paisaxes e o noso xeito de vida.

NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!

 

Novas do 1997

visítenos
visite os nosos anunciantes

Neria reúnese con Ferro-atlántica

A Asociación xestora dun plan Leader II para a Costa da Morte e o Sr. Carlos Olite de Ferroatlántica, a empresa que xestiona a electricidade resultante de cortar a caída o do río Xallas en fervenza no Ézaro, reuníronse entre outra cousas para disminuir o impacto ambiental dos tubos que están o aire, e para abrir as comportas da presa en dias sinalados como atractivo turístico.

EN TRES MESES MAIS DE 2300 VISITAS PARA O XADREZ

Este interesante espacio sobre o xadrez da Costa da Morte e Galego, está a ter unha grande repercusión entre a comunidade xedrezística galega. O espacio está mantido polos membros da sección de xadrez da Asociación Deportiva Xiria de Carballo, á cal queremos felicitar por conquerir a fase de ascenso a 1ª división de balonmán para a Capital de Bergantiños.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares de interés
Espacios Naturais
Que facer?
Lendas, historia,...
Aloxamento e mais
Economía
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com