entra e xoga Visita o noso espacio
A Liga da Costa na Rede Siga a Liga da Costa na Rede
Quere chegar á fin do camiño? O Camiño a Fisterra e Muxía

Clasificacións, partidas, ... Especial sobre Xadréz

como pensamos? Opinións desde o Finisterrae


Campaña para salvar os penedos da Costa da Morte

Web-cam da TVG

- Nº 114
conhezanos mellor

 
 

O MAR DE MUXIA LÉVASE Á TRIPULACIÓN DO 'PANCHITO'.

Catro mariñeiros afogados e un desaparecido no naufraxio do pesqueiro 'Panchito', co base en Laxe.

Información ofrecida por Radio Nordés-Cadena Ser

Polo momento, o operativo de búsqueda conseguíu recuperar o corpo de catro dos tripulantes da embarcación. Tratase de Eduardo Cousillas Devesa, patrón e armador do barco, o seu fillo Eduardo Cousillas Villar, Xosé Manuel Fariña Lema e o seu sobriño Pedro Fariña Cundíns. De momento non se puido localizar o corpo do quinto tripulante, Germán Suena Fondo, que se cre esté no fondo enmarañado nos trasmallos.

O sinistro produciase a primeiras horas do Luns 20, cando o 'Panchito', unha embarcación de 19 toneladas e 16 metros de eslora, con punto de amarre en Laxe, faenaba na zona conocida como Enseada do Cuño, próxima ó Cabo de Touriñán, no municipio de Muxía. As causas que se apuntan desde Salvamento Marítimo inciden na posibilidade de que fora un golpe de mar o causante do naufraxio, xa que había ventos de forza seis e ondas de mar de fondo de ata tres metros, ainda que as causas que os mariñeiros da zona baralljan, e eles son os verdadeiros coñecedores do mar, son de que o pesqueiro tocase algún fondo, xa que a zona non tiña moito calado e no casco do barco hai indicios de que puidese ter tocado e algunha rocha.

Dous helicópteros, o 'Helimer' e o 'Costa 1', están realizando as tarefas de rastreo aéreo, mentras que son catro as embarcacións encargadas de acercar os buzos ás inmediacións do casco do barco: tratase da 'Serra do Barbanza', a 'Ría de Vigo', a 'Salvamar Atlántico' e a 'Taín' da Cruz Vermella de Laxe. O operativo terrestre está integrado por efectivos da Guardia Civil, de Protección Civil e da Cruz Vermella de Laxe.

NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!

 

Novas do 1997

compre a sua obra
visite os nosos anunciantes

O PP gañou na Costa da Morte

Como se prevía , o Partido Popular vencíu na inmensa maioría das xurisdiccións electorais, ainda que con respecto ás anteriores Eleccións Xerais houbo unha tendencia á alza do BNG e á baixa do PSOE.

Segue sen aparcer un pescador en Laxe

Nun dos meses negros en canto a naufraxios, temos que salientar tamén que ainda non hai sinais de un dos dous pescadores que sairon a pasada semana a pescar á caña desde a costa e que un golpe de mar levou a un delos e o otro por querer salvalo, tamén se quedou no mar.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares de interés
Espacios Naturais
Que facer?
Lendas, historia,...
Aloxamento e mais
Economía
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com