ENCONTROS CULTURAIS
 
 
 
4-14 Xullo 
AULA DE ARTE DE VERAN - Buño 
Espacios de encontro e intercambio de experiencias para interesados nas artes. 

Primeira quincena de Agosto 
MOSTRA DE ALFARERIA - Buño  
Grande festa-escaparate das mellores pezas manufacturadas no cerne galego da oleiría tradicional. 

13-18 Outubro 
III SIMPOSIO PONDALIANO - Ponte-Ceso 
Xornadas de estudo da figura do Bardo Eduardo Pondal e de súa obra. 

Martes de Entroido 
CORRIDA DO GALO - Baio 
Tradición típica de Galicia, Galia, e Britania, a corrida de galos consiste en correr a estes animais antes de colgalos ou enterralos ata o pescozo, para decapitalos cos ollos vendados ou a galope de cabalo. Sendo Baio un dos últimos lugares en Galicia onde se practicaba o xogo, esta tradición desapareceu ou evolucionou en tempos recentes cara un simple xogo de monecos. 

Domingo de Entroido  
XOGO DAS VACAS - Barizo 
Representación teatral tradicional en Entroido, consiste na recreación humorística dunha escena na que participan veciños, veterinario, arador, e dous homes que fan de vacas. Os personaxes interpretan exaxeradamente os seus papeis para divertir ao público. 
 
Primer Sábado Cuaresma  
ENTERRO DA MICAELA - Buño  
A xigantesca moneca da Micaela é paseada poas ruas de Buño por unha banda de ledos enmascarados que a conducen á fogueira. 
 
24 Xullo  
LUMES DE SAN XOAN - Galicia enteira  
Unha das catro grandes festividades do calendario celta, a celebración do solsticio foi cristianizada cara o culto de San Xoán. Por toda Galicia, no rural e nas vilas, ancéndense lumes ao redor das que se reúne a comunidade e se organizan degustacións de sardiñas e de viño.