|
|
![]() |
|
Os
turistas enchen a Costa da Morte durante o verán. Información
ofrecida por
Radio Nordés
Do 1 ó 20 de agosto é practicamente imposible atopar praza nun hotel ou hostal da Costa da Morte. A ocupación baixa notablemente, na maioría das vilas, unha vez pasan esas datas. Sen embargo, o sentir xeral entre o sector hosteleiro da bisbarra é que este verán que remata deixou un saldo altamente positivo. O noventa por cento das 2.158 prazas hoteleiras existentes na bisbarra estiveron ocupadas durante o mes de agosto, mentres que no mes anterior, o de xullo, se ocuparon dúas de cada tres. O número descende espectacularmente antes e despois deste período, é dicir, nos meses de xuño e setembro onde, agás enclaves puntuais coma Fisterra, os establecementos fican cáseque baleiros. Os hosteleiros coinciden en que a Costa da Morte non precisa publicidade durante esta época do ano. O turismo estival segue a sela principal fonte de ingresos do sector. Queda por saber como potenciar outros valores, ademais do turismo de sol e praia, que atraian ós visitantes á bisbarra durante todo o ano. Os hosteleiros consideran moi necesaria a promoción doutro tipo de iniciativas que atraian ós turistas durante o resto do ano. Unha delas foi a promoción da prolongación do Camiño Francés ata Fisterra e Muxía que, ó coincidir coa celebración do Ano Xacobeo, trouxo un grande número de visitantes á bisbarra. Aínda así, un amplio sector deles cren que non se lle saca todo o partido turístico ós atractivos da Costa da Morte.
NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!
|
|
|||||||||||||||
Para
subscribirse ao boletín de finisterrae.com:
|