|
Medio
Ambiente emite un informe favorable á apertura da canteira de
Pasarela.
A decisión final depende de Industria e do concello de Vimianzo.
Información
ofrecida por
Radio Nordés
A
Consellería de Medio Ambiente vén de da-lo visto bo ás
actividades da canteira de granito de Pasarela (Vimianzo) o que reabriu
a polémica sobre esta explotación, que afecta a un conxunto
de grande valor etnográfico, no que destacan a Pedra da Barca e
o Miradoiro de A Cachucha. Segundo fontes da consellería, a extracción
de granito podería continuar, sempre que non afectase a estas dúas
emblemáticas pedras nin ó seu entorno inmediato.
Sen embargo,
os grupos ecoloxistas e veciñais que encabezaran no seu momento
as denuncias contra das extraccións, manifestaron recentemente
a súa disconformidade co informe de Medio Ambiente. PX, Adega e
Adiante Soneira aseguraron que aínda que se respeten a Pedra da
Barca e o Miradoiro, a canteira suporá un dano irreparable ó
conxunto etnográfico e "unha perda de identidade, non só
para Vimianzo, senón para toda a Costa da Morte".
Nin o concello
vimianzés nin o propietario da canteira teñen coñecemento
oficial da autorización de Medio Ambiente. O goberno municipal
afirma que unha grande maioría dos veciños de Pasarela se
amosa favorable á explotación. Dende Medio Ambiente suliñouse
que o seu informe non suporá a continuación das obras, xa
que estas precisan de pertinente autorización da Consellería
de Industria, que se agarda para primeiros do mes de setembro, e da licencia
municipal.
A noticia no seu contexto:
Descuberto granito capaz de competir co Pakistán,
India e Italia (Dec. 97)

visite os nosos anunciantes
|
|
Reunión
Palangre
O
Conselleiro de Pesca, Amancio Landín, convocou ós
representantes da confraría de Muxía
a unha reunión este sábado 4 de setembro. Na xuntanza
abordarase a situación da flota, que solicita ó
Goberno central que lle conceda o cambio de arte, de palangre
de fondo a palangre de superficie.
|
|
Chegada
Peregrinos
Para
este xoves agárdase a chegada a Muxía de Xosé
Antón Freire e Juan Manuel Pérez. Ámbolos
dous peregrinos percorren, en bicicleta, o Camiño
Xacobeo dende Roncesvalles, nunha iniciativa promovida por
Radio Nosdés-Cadena SER para reivindica-la prolongación
do camiño pola Costa da Morte.
|
|
Forno
Ferroatlántica
O
forno da planta de Ferroatlántica en Dumbría,
que sufrira un incendio o pasado mes de novembro, funciona xa
a pleno rendemento. O día 12 voltaba a poñerse en
marcha, se ben non acadou o seu estado óptimo ata mediados
da pasada semana. O forno ten unha potencia de 20 megavatios e
a súa producción estímase en 1.200 toneladas
de ferrosilicio ó mes.
|
|