Descuberto granito capaz de competir co Pakistán, India e Italia 

     "O Rancheiro" anda traballando a diario polas Gandras. É un señor de 83 anos con quen fomos falar para que lle dixese unhas palabaras á Internet toda: "Ai eu o que fixen foi coller unha pedra de estas  e deilla a un meu neto que traballa nunha empresa de mármores". O que non sabia o Rancheiro era que a pedra non era un croio calquera. O neto puliuna e decatáronse de que é igual ou mellor que as pedras ornamentais que se están pondo nos edificios.  

     A xente non sabia que as pedras tiñan tanto valor. Agora armouse un rebumbio porque unha canteira comprou  os primeiros terreos para explotalo.   

Hai quen di que abrir estas pedras é un pecado. Polo de agora só vendiu terreos unha viciña que vive nas Américas e iniciáronse os primeiros contactos co resto dos viciños.  

A polémica está servida. Conservacionismo ou explotación?  

A nosa visión é cauta. Manuel O' Rivas, premio nacional de literatura e viciño destas paraxes, envíanos a súa opinión.   

                        Quen queira opinar, que opine !!!  

Para quen queira ver a pedra pulida pode pasar polo estanco de Pasarela. O señor "Rancheiro" deixouna alí para que a vexan as persoas que estes dias se pasen por estas terras..  
    

 Hai hoxe oito dias tamén fixemos noticia...
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Informacións, suxestións e críticas a : costadamorte@finisterrae.com