|
RADIO
NORDÉS E A ASOCIACIÓN NERIA REIVINDICAN A PROLONGACIÓN
DO CAMIÑO FRANCÉS ATA FISTERRA
E MUXIA.
Dous veciños da Costa da Morte percorrerán a ruta dende
Roncesvalles.
Información
ofrecida por
Radio Nordés
Os
veciños de Mazaricos Xosé
Antón Freire e Juan Manuel Pérez sairon xa de Roncesvalles
onde iniciaron o seu percorrido en bicicleta polo Camiño
Xacobeo ata Fisterra e Muxía, nunha iniciativa promovida por
Radio Nordés-Cadena SER e coa que se pretende "reivindica-la
prolongación do Camiño". O director de Radio Nordés,
Pepe Formoso, asegurou que "o futuro turístico da comarca
pasa polo recoñecemento deste treito, e nós, coma ente implicado
na realidade da Costa da Morte estamos interesados en que se produza".
Día
a día, os peregrinos relatarán as súas vivencias
no Camiño cunha conexión co magazine "Vivindo a Costa
da Morte", que estará patrocinado pola asociación Neria.
O secretario da entidade, Xan García, lembrou na presentación
da iniciativa que a Xunta se comprometera no ano 92 a invertir sete mil
millóns de pesetas nos concellos polos que pasa o Camiño,
uns investimentos que aínda están por chegar á Costa
da Morte.
A chegada
dos peregrinos e a celebración do V Congreso Xacobeo en Cee,
no vindeiro mes de outubro serán, segundo García, o pistoletazo
de saída a estas reivindicacións. Xan García, o secretario
de Neria, que lembrou que a intención de fondo de iniciativas coma
esta é acada-lo recoñecemento pola UNESCO da prolongación
do Camiño, realizou tamén un chamamento á oficina
do Peregrino en Santiago para que colabore na promoción do Camiño
a Fisterra e Muxía.
NA COSTA
DA MORTE, HAI MOITO QUE VER !!!

visite os nosos anunciantes
|
|
Planta
Conserveira
Conservas
Dani inaugurou as súas instalacións en Pedrafigueira
(Carnota). A producción
da planta, estimada nuns dous mil millóns de pesetas no
primeiro ano. Realizarán a súa primeira saída
ó exterior no mes de novembro, na Feira de Colonia (Alemania).
|
|
GPS
O
sistema de navegación GPS, empregado pola práctica
totalidade dos barcos da Costa da Morte, reiniciouse na noite
do 20 ó 21 de agosto, e temíase o equivalente ó
"efecto 2000" dos ordenadores. O axuste do sistema solventouse
sen apenas incidencias na flota da bisbarra.
|
|
Manifestación
palangre
Un
milleiro de persoas mobilizáronse o sábado 21 polas
rúas de Muxía, na primeira manifestación
de apoio ó sector do palangre. Para o vindeiro mes o tema
tratarase no Parlamento Galego e os mariñeiros muxiáns
non descartan concentrarse ante a súa sede o día
da reunión da Comisión de Pesca.
|
|