|
|
![]()
|
|
PRESENTADO O PROGRAMA DA XII
MOSTRA DE TEATRO DE CEE . Información ofrecida por
Radio Nordés
O domingo actuarán Teatro do Imporvisto, que escenificará "A noite de Sabina" e Avento, con "¿Quen matou a Mari Lauri?". O martes, o grupo ceense Talía porá en escea "Marsal, Marsal", mentres que o martes o grupo Alalá representará "A viaxe de Lola". O mércores, a xornada ábrese con Teatro do Aquí e "Sen ir máis lonxe". Ás doce da noite celebrarase unha sesión golfa, "Suspiros de caña", con O leo arremecaghoná. O xoves tocaralle o turno ó Teatro da Bufarda cunha versión do "Rei Lear". Xa na fin de semana, o venres celebrarase outra dobre sesión, coa obra infantil "Pinochio", do grupo Cachirulo. Posteriormente, Teatro do Adro escenificará "Bululú do linier". O sábado tocaralle o turno a The Magical Brothers e ó "Show sincero" de Ana Pudor. Por último, o domingo, Berrobambán representará "Xuvenca e Cochón, estrelas da canción", obra dirixida ó público infantil. Teatro do Atlántico pechará a Mostra coa obra "Vellos tempos". NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER !!!
|
|
|||||||||||||||
Para subscribirse ao boletín
de finisterrae.com:
|