|
![]() |
|
O domingo 30 de xuño, ás doce do mediodía, saía ó aire a primeira emisión de Radio Nordés-Cadena SER, desde o 92.2 FM. Carballo
Radio Nordés é a única emisora dunha cadea estatal que emite a súa programación integramente en galego. O primeiro convidado foi o escritor, xornalista, e veciño de Vimianzo, Manolo Rivas, quen destacou esta iniciativa como "un exemplo para toda Galicia". Para Rivas, "a Costa da Morte é en si unha nación", segundo afirmou, lembrando as palabras de Cunqueiro sobre estas terras que "debían estar escritas con letras de ouro no libro de Galicia". A andaina de Radio Nordés coincidiu co inico da campaña electoral dos comicios europeos e municipais do 13 de xuño. O día da inauguración contou coa presencia nos seus estudios dos candidatos á alcaldía de Corcubión, que presentaron os seus programas e protagonizaron un encendido debate. Tras eles pasaron, sucesivamente, tódolos cabezas das listas que concorren a cada un dos concellos da Costa da Morte. A plantilla está formada por cinco persoas, cunha media de idade de 24 anos, que achegarán o deporte, a información, a opinión, o entretemento e a música ós veciños da Costa da Morte. Esta emisora de radio, será a partires do vindeiro número, a encargada de ofrecerlles a vostedes as novas semanais puntuais, en colaboración co Web Costa da Morte. A primeira colaboración será un especial sobre as Eleccións Municipais, que se celebran o vindeiro 13 de Xuño en cada un dos nosos concellos.
|
|
|||||||||||||||||
boletín@finisterrae.com
|