Camiño de Santiago a Fisterra

Compre libros en liña

Congreso de semióticaComo asistir ó congreso de semiótica.
Que facer?Xa está activa a sección de información
Olería de BuñoAquí pode gañar unha viradeira.
- Nº 74
o xogo da oleria de Buño
 
 

DUAS FILLAS DE ULTRA FORON AS MAIS PAGADAS EN SANTA COMBA.
O boi Ultra, é o pai das duas vacas de raza frisona mais cotizadas da subasta da raza frisona que organiza a Asociación Provincial de control leiteiro da Coruña (Africor-Coruña) en Santa Comba.
Redacción
Carballo

Foron casi tres mil persoas as que acudiron ó mercado de gando para ver e mercar os mellores exemplares da raza frisona que existen na comunidade.

Trinta e cinco dos cuarenta exemplares presentados, foron vendidos, acadando o maior precio a xovenca Concha Ultra, pertencente á granxa Reixía de Ponteceso, e que foi mercada por un gandeiro de Negreira por 365.000 pts. Un pouco menos se pagou por outra xovenca da granxa Caxigueira de Ortigueira, que tamén é filla de Ultra.

O boi Ultra pertence ó Plan Integral de Mellora Xenética da Xunta de Galicia, e ainda se atopa no Centro de Inseminación Artificial do Fontao en Lugo. As fillas de Ultra, soen ter moi boa producción de leite, e unhas patas e ubres de moi boa estructura. Ultra está a disposición das gandeirías galegas que desexen utilizar os seus servicios.

En vistas de que a subasta foi un exito, tanto pola cotización media, que foi de 288.000 pts, e de que a capacidade do mercado se fixo pequena para o interese que se despertou, o Sr. Xosé Moreira, Director Técnico de subasta, está xa a pensar en realizar duas subastas anuais en vez de unha como se ven realizando ata o de agora.

XA SE PODEN RECOLLER OS BONOS PARA AXISTIR OS 3 PARTIDOS QUE O CALVO-XIRIA DE BALONMAN CELEBRARÁ EN CARBALLO PARA A FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA NACIONAL.

Pódense recoller no Pub Bule Bule

Tfno: 981 75 45 46

Entre para ver as novas anteriores

O seu hotel e restaurante en corcubión
visite os nosos anunciantes

Estase a preparar unha maior oferta de Turismo Rural.

Como todos esperamos que sexa, na Costa da Morte, o Turimo Rural estase a convertir na oferta máis atractiva para quen nos visita, e tamén na mellor opción para quen quere aproveitarse do tirón turístico que está a ter anosa zona.

Lugrís xa ten un espacio propio dentro do Web Costa da Morte.

Este inxel pintor coruñes, recoñecido e valorado ainda en circulos moi restrinxidos, atopa un recoñecemento máis pola nosa parte, para o cal lle abrimos este espacio adicado ó seu paso pola nosa zona.

Rematou a liga da Costa, e comenza a Copa.

Como xa se sabía, o gañador e quen ascende é o At. Mineiro de Santa Comba, e os que descenden resultaron ser o Corcubión e o Muros, ainda que poderían ser máis si na cartegoría provincial descenden o Sp. Zas ou o Fisterra, xa que farían descender a Mazaricos e Carnota, respectivamente.

 Sábado 17 de Abril as 11:30h no Pub A'Roda de Malpica actuación de O LEO I ARREMECAGHONA presentando o seu LP.

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com