Como asistir ó congreso de semiótica.
Xa está activa a sección de información
Aquí pode gañar unha viradeira.
- Nº 70

 
 
AVOGAN POR UN CAMBIO NA XESTION DA REPOBOACION DA TROITA.
Os ecoloxistas animan a seguir o modelo escocés de traballar con especies propias da zona.

Xosé Manuel Lema
Ponte do Porto

Os exemplares de troita propia dos ríos da Costa da Morte sufriron na década dos noventa un alarmante descenso de exemplares, segundo denuncian membros do colectivo PX.

Segundo estes, a troita común Salmo Truta, dos ríos Anllóns, Castro, Xallas e Grande do Porto, sufriron a introducción masiva de xenes foráneos debilitando a variedade local. Ademais, a perda constante de limpeza dos regatos, que mantiñan a poboación desta especie nos ríos mencionados, fixo que os niños ou zonas de desove sufriran un serio deterioro.

Segundo os ecoloxistas, só un dez por cento da poboación de troita, por outra parte moi mermada, ten características xenéticas de troita nativa, mentres que a maior parte é troita foránea, froito da repoboación. Ademais, consideran que os ríos Castro e Grande están seriamente afectados pola presencia de escalo, un exemplar depredador de troita.

Ainda que nos primeiros anos non se poidan dedicar á pesca deportiva, os ríos deberían de ser repoboados axiña con troita nativa.

Segundo un informe deste grupo ecoloxista, os regatos máis limpos e con mellores e máis puros exemplares, encóntranse todos eles no concello de Vimianzo, concretamente nas parroquias de Cambeda e Carantoña.
 


Entre para ver as novas anteriores


 


ESTE WEB VEN DE RECIBIR NESTES DIAS PASADOS O PREMIO BLAS ESPIN Á PROMOCION DA COSTA DA MORTE, O CAL FOI ENTREGADO POLO EXMO. VICEPRESIDENTE DA DEPUTACION DA CORUÑA.

MOITAS GRACIAS.


 
 


visite os nosos anunciantes

STRUCTURE grava o catálogo do inverno en Muxía.

Esta empresa estadounidense de moda de home escolliu a Costa da Morte para gravar o seu primeiro catálogo do vindeiro milenio.

Hai diversas exposición abertas que se poden visitar. 
Actualmente hai unha exposición permanente de Urbano Lugrís na Casa do Pescador de Malpica; unha exposición da Olería de Buño no museo do Centro Comarcal de Bergantiños (Buño); unha exposición etnográfica permanente realizada polos veciños de Ponte do Porto; Asunción Antelo (a Rexoubeira de Bergantiños), ten aberto o seu museo no lugar de Segufe, concello de Coristanco; e o Pub Rodín, de Cee, ten as paredes cheiñas de poesías de Tante Cotón. Estas e moitas outras poderá disfrutalas,  programando a sua visita de fin de semana desde a nosa sección de pousada e lecer.
A revolución na Liga da Costa vén desde abaixo.
As sete equipas da 2ª Rexional (ainda falamos de rexións, sic.), que están pelexando por non descender, están dando sorpresas constantes, tales como o Coristanco, que gañou ó Lira (1-0), ou o Corcubión, que gañou ó Mazaricos (1-0). A 3ª Rexional está que arde, e son seis equipas as que optan as tres prazas de ascenso, cando só faltan catro xornadas.

 
 

 
Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía

 
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com