![]() ![]() |
|
Manuel L. Pan Nestas
datas son as castañas as que nos fan ver que xa estamos ben metidos
no Outono, xa os mercados son tomados por elas, e a xente se apresura a
mercalas para saborealas e tornar o frio ao caron do lume.
Sabido é que os nosos antergos utilizaban as castañas e as landras na sua alimentación habitual, eses eran productos abondosos naquelas épocas en toda Galicia, de seguro que a tradición de preparar as castañas con névedas vén de moi atrás, de seguro repito que é unha das reminiscencias que nos quedan de aquel fondo coñecimento das herbas e dos productos naturais que ainda hoxe en día teñen os mais vellos, pero claro, o progreso é o progreso, e agora substituimos herbas para o ardor de estomago polo Almax Forte, herbas para non quedar embarazada pola pildora de turno, curandeiros por médicos (ainda que non sempre), e carballos e castiñeiros por eucaliptus. Comentábame unha señora na feira de Carballo (que se sigue a celebrar todos os xoves e os segundos, cuartos e quintos domingos de mes), que había que ir buscar castañas ó Bierzo, que si, que as de aquí eran máis sabedoras, pero que casi non había, e as poucas que hai véndenas a precio de ouro. Decía ela:
Esto dos penedos de Pasarela xa o tratamos fai tempo, incluso coa opinión do noso amigo Manolo Rivas. A quen se lle da a razón?, ó carto
rápido e necesario ou a visión de futuro e ideolóxica?,
hai que poñerse na pel de cada un, escollan señores e
señoras, escollan!!!
|
|||||||||
|