ATOPADAS TRES FÍBULAS SUEVAS DO SÉCULO VI
 
Técnicos do programa "Descubriendo Milenios" da entidade supramunicipal Neria fan público o achádego
  
Xosé Manuel Lema  
 
Tres fíbulas metálicas de cintos de guerreiros suevos foron atopadas por técnicos do programa "Descubriendo Milenios", dentro do traballo de campo que se está a realizar para a recuperación do patrimonio. Este programa desenvólveo a entidade supramunicipal "Neria" nos doce concellos que a integran. 

As pezas, en bo estado de conservación, proceden da necrópole tardorromana e bárbara de Moraime, dentro do termo municipal de Muxía, foco de cristianización da Costa da Morte e importante cenobio medieval, e son propiedade de un viciño de Merexo no citado concello, quen llo comunicou aos membros do equipo multidisciplinar que dirixe o historiador coruñés Alberto Carton. Este traballo de campo baséase en referencias orais e escritas, igual que aconteceu con outros achádegos anteriores. 

O programa cultural e formativo "Descubriendo Milenios" consta de cincuenta e dúas conferencias, dez vídeos, a creación de un banco de datos comarcal, un arquivo fotográfico dixitalizado, ademais de varios traballo de campo e rotas didácticas nas que a entidade Neria, dentro do apartado formativo do plano europeo Leader 2, pretende levar a cabo un profundo labor investigador en todo o seu territorio, tanto na súa historia, como na súa etnografía, ecoloxía, turismo, artesanía, etc. 

A raíz do descrubrimento destes restos materiais (fíbulas) do pasado menos coñecido de galicia, o da época do Reino suevo, primeiro reino bárbaro tras a caída do imperio romano, o equipo encargado dos traballos de campo e a Asociación Neria desexarían que a necrópole de Moraime, unha das xoias da arqueoloxía galega na que nos anos setenta se levaron a cabo importantes excavacións, fora convenientemente estudiada e conservada. Este lugar, xunto co de Tines en Vimianzo, constitúe unha auténtica xoia da época sueva, e sobrevive nunha situación de total abandono. 

Para o historiador e coordinador de dita iniciativa, Alberto Carton, o achádego supon algo moi positivo, "un paso máis no labor investigador de Descubriendo Milenios e que debe servir para motivar á sociedade e aos organismos públicos e manter, conservar e estudiar o noso patrimonio histórico nunha zona culturalmente tan rica como son os doce municipios que integra a asociación Neria". 
 

Calca aqui para leres a nosa editorial
 
 Hai hoxe oito dias
 
  
Para subscribirse o boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com
 
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
 
 
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com