Posible amarre da frota da sardiña do país máis mariñeiro do mundo. 
  
A porcentaxe de exportación e venda no mercado interior da sardiña vén minguando na Costa da Morte desde a entrada na Unión Europea. As importacións debidas ao tratado de Marrocos suporán unha entrada de 19 mil toneladas de peixe do país norafricano neste ano. No 98 a cifra subirá ás 21 mil toneladas e no 99 haberá unha liberalización total para a producción marroquina. 

Parella a esta competencia, que hai que respetar pero non foi negociada como o sector quixera, a industria conserveira, fundamentalmente galega, pasou de unha producción total no estado de 37.000 T en  1986 a 25.000 T no 1996. 

Nestes tempos liberalízase o aire. Os satélites andan sobre as nosas cabezas e serán empresas multinacionais as que controlen este mercado nun futuro a curto prazo. 

Sen embargo, os estados matrices de esas mesmas compañías seguen auto-proclamando as súas competencias sobre o mar.  

As nosas frotas son as máis avanzadas tecnoloxicamente e con maior capacidade de captura que ningunha outra. Souboo o goberno do Canadá, que cando descubriu que habia métodos mellores e máis ecolóxicos de pesca, violou os dereitos internacionais contradecindo as tendencias liberalizadoras do momento. 

Os mariñeiros da Costa da Morte teñen boa parte da súa frota dedicada á sardiña. Os portos de Laxe, Camariñas e Malpica xunto co da Coruña son o principal contrapeso á sardiña pescada no Mediterráneo. 

Os procesos de venda en fresco moven as nosas lonxas. Hai tecnoloxía para o conxelado e industria conserveira para o exterior. 

O cambio de comportamento nos bancos de sardiña detectado nestes últimos anos levou aos mariñeiros, que son os primeiros conservadores e defensores do mar e do peixe, a barallar a posibilidade de  facer un parón biolóxico.  

De todos os xeitos o certo é que hai unha preocupación por  conservar o peixe que non ten máis dono que o mar.  
 

Por que non liberalizar tamén os océanos? Por que non privatizar os caladoiros ? 

As  empresas poderían reafirmar e avanzar no seu liderazgo mundial sen os múltiples problemas que lle poñen agora os estados que tan ferozmente defenden a privatización doutros eidos económicos. 

Nós non temos a resposta. 

Os mariñeiros da Costa da Morte saben que  ter a mellor tecnoloxía non é abondo. Alguns deberan ir aprendendo. Gañan non por pescar peor, senón porque negocian mellor. 

Hai que conservar o futuro. Tamén hai que  negocialo. Intelixentemente. 
   

 Hai hoxe oito dias comezamos a facer noticia...
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Informacións, suxestións e críticas a : costadamorte@finisterrae.com