|
O BATALLON LITERARIO DA
COSTA DA MORTE XA ESTÁ NA REDE.
Este colectivo de escritores da Costa
da Morte que están a demostrar que a poesía está viva
en cada un de nós, da un paso máis e ofrece a súa
obra a todos os internautas amantes da poesía.
Manuel L.
Pan
Xa
fai uns anos que uns rapaces con inquedanzas se xuntaron arredor do que
lles rachaba o peito, que non era outra cousa que a poesía. Son
xoves e non tan xoves, mariñeiros, estudantes, funcionarios, taberneiros
e traballadores, pero todos e todas son poetas.
Cando eu descubrín ao batallón literario,
despois de oir falar deles, foi no Castelo
de Vimianzo, nun recital poético organizado polo colectivo Arre
Sentella, e quedeime como aparvado, as preguntas que me facia a min mesmo
eran as seguintes:
Pero, de onde sairon?
Porqué aquí na Costa da Morte?
E segundo eu penso despois de coñecer
mellor a alguns dos seus membros; ese é o espirito do Batallón,
que a xente s faga esas mesmas preguntas, e se decida a plasmar na escrita
o que leva dentro, sen complexos, volcando todo ese sentimento que levamos
aterido dentro, eu probeino e de verdade, SENTA QUININDIOLA !!!
Nestes
intres o Batallón Literario da Costa da Morte, simplemente ofrece
as súas publicacións impresas ata o momento, como son o seu
boletín Feros Corvos, e o libro
Comunitario Nós. Pero este
non é un espacio estático, senon que se irá actualizando
cada certo tempo con diferentes aportacións.
Se alguén de vostedes quere máis
información sobre outras publicacións dos seus membros, ou
dos moitos premios literarios recibidos polos mesmos en todo o mundo, non
dubide en poñerse en contacto
con eles que de seguro os atenderán moi ben, e que sonche moi boa
xente, oh.
Ao mesmo tempo que informamos deste feito, tamén
queremos informarlle de que neste mes de Outubro, celébrase a homenaxe
a Casto M. Ínsua, un galeguista
de Fisterra, que foi entre outras cousas presidente da Casa de Galicia
en Bos Aires.
Moita cultura, moita, si é que neste finisterrae,
como xa veño decindo desde fai tempo, HAI MOITO QUE VER, que
ler, que escoitar, que sentir, …
Hai hoxe oito dias
|