|
|
Xosé Manuel Lema Mouzo Para Costa da Morte Web
Segundo declaracións do Presidente do Clube nautico de Laxe, D. José Manuel Pato González, os submarinistas conseguiron localizar os restos desta embarcación, cubertos por grandes capas de area. Amais duns cinco cañóns procedentes da mesma goleta, que afundira un tempestuoso 19 de Decembro na ría laxense, despois da partida efectuada desde o peirao de BRISTOL, e mentres tentba buscar acubillo do temporal, na bahía desta localidade de brava Costa da Morte. Pato González, coa correspondente autorización oficial, confirmou que se trata da citada embarcación, aínda que non puido especificar a situación concreta por motivos de seguridade, manifestando que se trata dunha mostra do importante patrimonio arqueolóxico submariño que existe na nosa comarca. Froito dos numerosos naufraxios que o longo da historia se rexistraron no noso litoral. O máximo dirixente do Clube nautico de Laxe; AVOGOU porque se empregen os medios necesarios para extraer estes tesouros, desexando que pasasen a formar parte do futuro Museo do Mar que a entidade ten previsto habilitar na vila do Poeta Zapata. Asemade alertou da necesidade de vixiar as nosas costas ante posibles actitudes expoliatorias, asegurando que os fondos mariños eran lugares onde se albergaban un extenso e rico patrimonio. A Adelaide transportaba armas e moedas acuñadas de ouro para surtir as posesións que Inglaterra tiña en ultramar, estando considerada naquela época unha das embarcacións máis modernas, e que mediante a utilización de vela e de vapor, realizaba misións para o governo británico. O achádego de Laxe, onde colaboraron efectivos da cruz vermella e da propia asociación náutica, volve a poñer de manifesto as posibilidades culturais da Costa da Morte e o seu posible aproveitamento turístico cun nivel de calidade, e tamén volve a lembrarnos a moitos habitantes, unha das historias máis fermosas das que escoitamos, antes de que as vellas lareiras da avoa, foran convertidas en lagoas da memoria: A HSTORIA DO ADELAIDE.
|
|||||||||
|