|
|
Manuel L. Pan
O espectáculo que nos ofrecerá Xacandaina estará baseado na mais fonda tradición da Costa da Morte, sacando de raiz o espírito máis arraigado nas nosas xentes, ainda que poñendo un toque innovador e vangardista na ambientación do mesmo. Poderemos ver o resultado de moitísimas viaxes que a xente de esta asociación ten realizado ao longo dos anos á Costa da Morte. Este resultado de seguro será entrañable e espectacular, xa que os que temos un mínimo interese por estes temas sabemos que o xeito de facer a festa das xentes da Costa da Morte é algo que pode deixar impresionado ó máis esixente. Os bailes, os cantes, os vestidos, a música que poderemos ver este sábado día 12 vai ser de seguro algo que os que teñamos oportunidade de velo non o esqueceremos facilmente. Xacarandaina é un grupo que ten mais que demostrada a súa valía e bo facer para estes menesteres, como xa fixo con dous dos seus anteriores espectáculos, Costumes e Saberes dun Pobo (1992) e Unha Viaxe por Noutrora (1986), a parte de participar en festivais en Galicia e en toda Europa. Para que se vaia poñendo en situación, adiantámoslles o programa da RIBEIRANA, Primeira parte: 1. Ribeirana de Cerqueda.
Segunda parte: 1. Xota e muiñeira de
Berdoias.
Empecemos, AAAAAAAAAAiiiiiiiii iiiii
iiiiiiiiii !!!!!!
|
|||||||||
|