En Muxia sobrevive o último secadoiro de congro do mundo 
O prezo do congro seco quintuplica ao fresco. 
 

Xose Manuel Lema 

Os secadoiros de congro foron instalados hai un feixe de anos polos fomentadores de pesca cataláns, en varios puntos do noso país, pero entraron nunha dinámica de lenta extinción, ao tratarse dunhas explotacións pre-industriais, que requiren moito esforzo. 

Na actualidade só queda unha mostra deste tradicional oficio na vila de Muxia, perto do santuario da Virxe da Barca, rexentado desde hai 47 anos por Rosa Rey. 

Os secadoiros non son nin máis nin menos que un conxunto de estadas ou postedes de madeira onde se colgan os congros, despois dun laborioso proceso de destripado e machacado das súas cabezas. 

Despois as careixas do vento nordés e as raiolas do sol, encargaranse durante 20 dias de curar este peixe teleóstero, de corpo gris e carne branca e espiñenta, que ten unhas dimensións de entre un e dous metros de longo. O congro curado, que case cuatriplica o seu prezo fresco, conta con grande demanda nas localidades de Soria, Zaragoza e varios puntos da comunidade catalana, cotizándose a unha media de duas mil pesetas o kilo. 

A viabilidade económica está confirmada, aínda que se necesita unha adicación cáseque exclusiva, por este motivo Muxia é un punto de referencia en todo o planeta, xa que aparte do aspecto empresarial as estadas supoñen un atractivo turístico que congrega a numerosos visitantes que queren ver as formas surrealistas que o vento crea no corpo dos congros. 

Rosa Rey lonxe do acomodo que poden supoñer os oficios artesanais, vai aumenta-las instalacións, e contará con apoio da Unión Europea dentro do plano Leader II 

O concello muxián porá o seu grao de area por segundo ano consecutivo dunha festa de exaltación e degustación deste producto típico, que é frecuente nos menús dos hosteleiros locais. 
 
 

Hai hoxe oito dias...
 
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Informacións, suxestións e críticas a : costadamorte@finisterrae.com