Un grupo de ecoloxistas logra reproducir   artificialmente  a  camariña
Endemismo galaico-portugués en vias de extinción 
  
 

Ponte do Porto. Xosé Manuel Lema. 
 
Hai varias décadas gran parte do litoral galego estaba poboado coa popular camariña, que enriquecia a beleza paisaxística do noso territorio ata que a planta iniciou un período de declive que se prolongou ata hoxendia, cunha presencia anecdótica. Nestes momentos quedan exemplares en Area do Trece, Camariñas e nalguns reductos das costas galegas e portuguesas. 

A Corema Album, que ten o seu hábitat nos lugares recónditos e de difícil accesibilidade, dá nos meses de agosto e setembro un froito redondo, semellante a unha pérola, de sabor doce e cor branca que escurece segundo vai amadurecendo. Ata hai 25 anos comercializábase este sabedor froito polas feiras e mercados do concello da vila dos encaixes. 

Na actualidade o vexetal atópase en vias de extención, no que tivo moito que ver a limpeza dos montes que atacou o seu carácter salvaxe. 

Desde o concello de Camariñas tentouse criar esta especie, sen resultado. De feito a planta da camariña forma parte do escudo municipal. 

Agora, e logo de seis meses de investigacións, varios membros do colectivo ecoloxista P.X. anunciaron que a camariña se pode criar en viveiro, e indicaron que xa sacaron adiante 200 exemplares en pequenos tarros misturados con area e terra. 

Os naturalistas tamén experimentaron coa semente en xardins, e cren que poderán criar 5.000 plantas a curto prazo, o que permitiria repoboar antigas colonias como A Pedrosa ou a Praia de Xaviña. 

Asemade os ecoloxistas consideran que deste xeito a camariña está salvada da sua desaparición e agardan poder facer un plano de rexeneración de vellos camariñais. 

Outros datos que tamén teñen en conta é o da elaboración dun licor de Caramiña, tal e como se fai en Portugal, que podia ser un aliciente turístico máis para esta zona atlántica. 
 
 

 
Hai hoxe oito dias...
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Informacións, suxestións e críticas a : costadamorte@finisterrae.com