|
|
Ponte do Porto. Xosé Manuel Lema.
Desde que nos anos sesenta os expertos desestimaran as frias augas de Escocia como hábitat para a cria de rodaballo e o negocio comezase a agonizar e a ser deficitario, os empresarios do sector miraron cara a Galicia, e atoparon aqui a rendibilidade económica, aproveitando o axeitado ecosistema das cálidas augas atlánticas, cunha temperatura propicia entre os doce e os dezanove graos. Na actualidade a multinacional Stolt Seafarm, ao través da firma comercial Prodemar, copa o 80 por cento do mercado de todo o planeta, con tres plantas na Costa da Morte, unha en Merexo Muxia que produce 250 toneladas ao ano e proporciona emgrego directo a trinta traballadores, ademais posúe dúas factorias nas localidades de Lira e Quilmas, no término municipal de Carnota, que xeneran 800 toneladas anuais, e dan traballo a 65 persoas. Segundo o director xeral de Prodemar, Pablo Garcia, un de cada dous rodaballos vendidos procede das superficies carnotáns, e co aumento das infraestructuras de Lira, aportará máis do 65 por cento da producción global deste peixe, que ten a mitade norte do estado español como principal cliente, e tamén está introducido en países como Francia, Reino Unido, Alemaña e as nacións escandinavas. As factorias costeiras están criando un millón e medio de alevíns, e seguen todo o proceso de engrode ata o seu envasado, que se presenta ao consumidor final en catro formatos diferentes, que vai desde as pezsa de medio kilo, ata os cinco mil kilogramos. Os rodaballos de entre un e dous kilos, son os máis solicitados e cotízanse a 1.900 ptas a unidade. O popular "rotábulo", ten un esquisito sabor e unha fina textura, que o convirten nun plato de envergadura e recomendable manxar. Segundo os responsables da Stolt Seafarm, as perspectivas de futuro son inmellorables, o que repercutirá de xeito especial na conservación e creación de novos postos de traballo. Outro dato a ter en conta é o do atractivo turístico que supoñen estas granxas productoras, do que tanto a multinacional rodaballeira como o propio concello de Camariñas xa aproveitaron o pasado ano coa celebración dun evento gastronómico dedicado exclusivamente a este peixe, congregando a varios miles de persoas. Pola sua banda, a administración comezou a subvencionar estas industrias o que é un símbolo fiel das fortes expertativas que xira a carón do sector.
Despois de sermos unha das grandes empresas revelación para Vieiros, a máxima autoridade informativa galega, poñéndonos de par de grupos como Claudio e Finsa en canto á nosa actividade na rede durante o 97, Galicia.com, unha das entidades pioneira do sector empresarial galego en Internet, vén de recoñecer tamén o noso labor. Por outra banda, diversas empresas do sector audiovisual están utilizando xa o noso Web como referencia para produccións televisivas sobre a Costa da Morte. |
|