entra e xoga Visita o noso espacio
A Liga da Costa na Rede Siga a Liga da Costa na Rede
Quere chegar á fin do camiño? O Camiño a Fisterra e Muxía

Clasificacións, partidas, ... Especial sobre Xadréz

como pensamos? Opinións desde o Finisterrae


Campaña para salvar os penedos da Costa da Morte

- Nº 107
conhezanos mellor

Visítenos
visite os nosos anunciantes

 
 

Primeira medida para tratar de controlar o gando mostrenco dos montes da bisbarra.

Información ofrecida por Radio Nordés-Cadena Ser.

O Concello de Carnota ven de levar adiante unha iniciativa pioneira na bisbarra. Despois de manter nas pasadas xornadas unha reunión con representantes legais das comunidades de montes en Man Comun do concello, este acaba de acordar que se elaboure un censo real do gando de reses mostrencas existente nos montes veciñais. Con esta medida preténdese paliar os problemas derivados da presencia deste gando nos mostes, onde ocasionan graves destrozos en prantacións arborícolas locais e de montes repoblado, ademáis dos graves accidentes que poden provocar na rede viaria da zona.

Outra das medidas adoutadas no transcurso desta reunión foi a de que as reses teñan unha acreditación do control sanitario o que deben estar sometidas e que nestes momentos non é respetado. Segundo o rexedor carnotan, Manuel García, en moitos casos este gando chega a manterse comendo restos de lixo en varios vertedoiros da zona, con conseguinte perigo para a saúde pública se esta carne chega a entrar na cadea alimenticia, coa súa comercialización. Para acollerse a estas medidas, o concello carnotan tivo que aplicar a última das normas existentes neste senso, e que se remonta á lexislación posterior. Dende o concello carnotan faise un chamamento os propietarios para que, no prazo de cortesía acordado, se apresten a acondicionar este gando. Este prazo rematará o vindeiro un de Febreiro, momento no que o concello, segundo declarou o rexedor Manuel García, aplicará esa lexislación e pasará a prohibir este gando indocumentado.

 

NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!

 

Novas do 1997

Apartamentos Bellavista.
visite os nosos anunciantes

Balance Anual

5.520 foron o total dos peregrinos que dende o ano 97 pasaron polo Albergue de fisterra, como última etapa e remate do Camiño Xacobeo. Destes un setenta por cento chegaron a pe mentres que o resto o fixeron en bicicleta. Esta cifra foi valorada moi positivamente polas autoridades, en perspectiva dun mellor uso futuro do Camiño ata Fisterra e Muxía.

Mariscadores en Guerra

Segundo os membros da Asociación de Mariscadores do Longueirón de Fisterra, a Consellería de Pesca estivo 'mentíndolles' no tempo en que lles prometía unha revisión da lei para adecuala a figura do mariscador a pulmón libre. Os mariscadores estan dispostos a non renovar os seus permisos se a administración non atende as súas demandas.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares de interés
Espacios Naturales
Que facer?
Leyendas, historia,...
Aloxamento e mais
Economía
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com