¿Quén non lembra aquela pequena e entrañable libreta que o famosísimo Alemán de Camelle poñía a disposición dos visitantes do seu museo para que deixasen nela, como testemuña da súa visita, un debuxo, unha frase ou o que se lles pasase pola cabeza ao admirar a súa obra?
Pois ben, con motivo do primeiro aniversario da morte de Manfred Gnädinger, nace a iniciativa de crear unha libreta que viaxará por Galicia recollendo palabras na honra da obra de Man e finisterrae.com quere sumarse a dita iniciativa poñendo a disposición dos navegantes unha libreta virtual na que podes deixar as túas mensaxes.