Congreso de asociacións xacobeasCongreso de Asociacións Xacobeas.

Urbano Lugrís, pintor do mar.Visite o especial sobre Urbano Lugrís

Vº Simposio Pondaliano Vº Simposio Pondaliano
1999.
- Nº 97
conhecenos mellor
 
 

Inxenuidade por vinte pesos

Roberto Traba Velay

O luns actuaba Amancio Prada na igrexa das Areas de Fisterra. Mellor escenario para un evento de fin de milenio, imposible. Contan as linguas, malas e boas, que foi o mesmo artista quen puxo moitísimo interés en que o concerto tivera lugar no interior do templo e non no polideportivo nin noutro lugar. Posiblemente a elección dou lugar a comentarios dalgúns que pensaban entrar na igrexa e non poideron, xa que actuación foi un acto máis para os participantes no Congreso Xacobeo.

Á fin e ó cabo, foron eles os que, según parece, financiaron o concerto, que por certo saía nun bo lote de pasta; así, é natural que se o cantante elexiu tan reducido escenario, os congresistas tiveran prioridade en ve-lo espectáculo.

Polo que a min respecta, eu ese luns funme a dar unha volta por alí, máis que nada para ver se atopaba unha crónica para este xoves, pero ademais das curiosas olladas dos congresistas e os comentarios sobre a pantalla xigante que montaron no adro, nada. Nin polo norte, nin polo sur, nin por arriba nin por abaixo. Decidín ir cuns amigos a tomar uns cafeses ó Corveiro para facer tempo, mentres agardabamos a que empezase o concerto, déuseme por facer unha das miñas cando, casualidade, vin que onde nos atopabamos estaba Noel, rapaz escachapedras que anda polos dez anos e que fora mercar gusanitos.

Noel, ven aquí, díxenlle moi serio chiscándolle o ollo a Xil, que tomaba café comigo.

O rapaz achegouse curioso. Mira, vas fóra, continuei, e se ves a Amancio Prada tráelo aquí e dislle que veña ver ó seu amigo Roberto. Cando veñas, douche corenta pesos.

Noel, como dicindo aquí hai negocio, mirou para min e preguntou que podía facer porque el non coñecía a Amancio Prada. A moza de Xil e Villalba, un bailarín do Rei de Viana, ollábanse aguantando a risa, e eu moi serio, deille explicacións, e que Amancio era un home que andaba por alí cunha guitarra.

Vale, dixo Noel, e escapou pola porta como un raio. Non pasaron nin cinco minutos cando volveu, esta vez un pouco mosqueado preguntando se lle ía a pagar en caso de que non o atopara. Contesteille que, nese caso, daríalle vinte pesos, e Noel esfumouse outra vez pola porta. Serían xa as nove da noite e nos dipoñíamos a sair do bar para escoita-lo concerto cando aparece Noel e, con cara de infinita inxenuidade e cándida inociencia, dime, en baixiño: Roberto, é que me parece que ese señor marchou. Todos rimos e deille os vinte pesos. Foi o que me custou a crónica e a entrada ó concerto que, por certo, estivo de marabilla este primeiro do non milenio que, esperemos, non sexa a última.

 

 

NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!

Novas do 1997


visite os nosos anunciantes

Rematou o Congreso Internacional Xacobeo

Máis de trescentos congresistas participaron no V Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas que se celebrou na Costa da Morte entre o sábado 9 e o martes 12 de outubro baixo o título 'Fin de século, fin de milenio, Finisterre'. A sé dos actos científicos foi o edificio da Fundación Fernando Blanco, no concello de Cee, se ben varios dos concellos da bisbarra acolleron as actividades paralelas.

Infografía

A Deputación e a Universidade de A Coruña veñen de poñer en marcha un proxecto infográfico sobre as Torres do Allo (Zas). Nel, poderase ver o Pazo tal e como quedará cando estea rematada a súa restauración. Tamén se analizarán as propiedades da familia Rioboo, propietaria do inmoble, e a evolución do edificio dende a Idade Media ata a actualidade.

Xornadas para mulleres

O concello de Corcubión, en colaboración co Servicio Galego de Igualdade, organiza as II Segundas Xornadas para Mulleres, baixo o lema 'Igualdade de oportunidades, participación da muller no ámbito social, laboral e familiar. O seu obxectivo é transmiti-la necesidade de participación da muller no ámbito social, laboral e familiar ó mesmo tempo que se mantén activa laboralmente.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com