Congreso de asociacións xacobeasCongreso de Asociacións Xacobeas.
Congreso de semióticaComo asistir ó congreso de semiótica
Vº Simposio Pondaliano Vº Simposio Pondaliano
1999.
- Nº 93
conhecenos mellor
 
 

Aquela música, aqueles tempos.

Roberto Traba Velay.

Hoxe en Fisterra estamos de festa, e non sei por qué cando chegan estas datas, moitos dos da tropilla da rúa da Cerca, como cada ano, vémosnos, saudámonos, felicitámonos e lembramos aquelas últimas festas de verán que viñan sendo algo así como a fronteira entre o final das vacacións e o comenzo do curso, e que tardaban moito en chegar pero que se nos escapaban como un salaio da mans.

Uns acórdanse daqueles primeiros pitillos que fumabamos baixo o rústico palco de madeira, agochados entre os bidóns de gasolina, que aguantaban dos tablóns traídos de non sei que aserradeiro, e sobre os que saltabamos como salvaxes antes de que chegaran as orquestras, con moito ollo de que non nos viran os da comisión. Outros lembran aquela noite na que montaron un ring na vella praza de Fisterra e recordan tamén a malleira que un boxeador alto de calzón vermello lle propinou a un pequeno de azul que era moi agudo e belicoso pero que o home non podía.

Algún rise do día no que na cociña da avoa, a tía Carmucha pilloulle o tabaco que gardaba nun calcetín ben agochado baixo o pantalón e da bronca que lle meteron os seus curmáns, que tiveron que pasar polo trámite de cacheo familiar por culpa do primo que se lle ocurriu cruza-las pernas mentras tomaba o mate sentado nun taburete. Ata hoxe aínda chegan tamén as gargalladas do día de San Roque, no que se celebraban as competicións populares e nas que inolvidables personaxes caían ó mar en inverosímiles posturas tras intentar coller unha bandeira que ondeaba ó final dun tronco cheo de sebo.

Tódolos anos semella que cando chegan as festas de setembro, as conversas volven a se-las mesmas aínda que as lembremos de diferente maneira. Eu, o que máis boto de menos son aquelas orquestras que viraban o saxofón, as trompetas e as tubas dun lado ó outro como levando o ritmo da música. Din que entre elas había moita rivalidade e non sei se será verdade, pero conta que unha vez, o vocalista da orquestra Florida aseguráballe a un membro da orquestra 'Palma Vella' -que por aquel entón aínda non era nova- que tocaran tan ben na Festa da Barca que ata fixeran chorar á Virxe.

Un tempo despois, un dos irmáns Abelleira atopouse co citado vocalista e espetoulle que viñan de tocar en Fisterra, no Cristo, e que foi levarlle unha vela ó Santo da Barba Dourada, e este baixou da cruz, doulle unha aperta e díxolle: 'Vós si que tocades ben e non os da orquestra Florida, que en Muxía fixeron chorar á miña Nai'. Total, moito baile e moito espectáculo, pero como aquelas orquestras…

 

NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!

Novas do 1997


visite os nosos anunciantes

Festa da Barca

Comezan en Muxía as festas da Barca. O pregón correrá a cargo de Arsenio Iglesias, as orquestras Os Satélites e Grupo Master amenizarán a verbena nocturna. O sábado o grupo Master estará acompañado do grupo Oceano. Ás doce terá lugar unha sesión de fogos de artificio. O domingo a sesión vermú estará amenizada pola orquestra Pasarela. Pola noite o concerto de Marcela Morelo. O luns rematan as festas coas orquestras Super Combo e o espectáculo de Angel Israel.

Congreso Xacobeo

O Ministro de Educación, Mariano Rajoy, confirmou a súa presencia no Congreso Internacional Xacobeo que se celebrará en Cee entre os días 9 e 12 de outubro. O encargado da apertura será o escritor galego Alfredo Conde.

Congreso de
Semiótica.

O Congreso Internacional da Federación Latinoamericana de Semiótica, que comezará en A Coruña o día 27, pasará pola Costa da Morte. Os participantes realizarán unha visita cultural ós concellos de Ponteceso, Camariñas e Fisterra, onde pronunciará unha conferencia o chileno Jorge Edwards. Intelectuais coma Umberto Eco ou Jean Baudrillard confirmaron tamén a súa asistencia.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com