A "LIBRERÍA TRAZOS" XA VENDE NA REDE 
 
A proveitando estas datas a Librería Trazos  inaugura unha nova sede, que se ven a sumar as que xa existen en Cee, Baio e Muros.
  
Redacción 
 
Xa pode vostede mercar os seus agasallos de Nadal na Librería Trazos da Costa da Morte desde calquera lugar do mundo. Esta librería especializada na temática desta fermosa zona da Provincia da Coruña acaba de establecerse na rede poñendo un servicio de venta segura que lle garantiza a súa compra.

Se vostede ten pensado visitar Galicia e necesita unha guía podera encontrala aquí, así como un libro sobor do camiño de Santiago a Fisterra, ou mercar un libro que lle permita coñecer todas as lendas que agocha esta máxica zona, e como non, mercar o exito de Manuel Rivas este namorado da Costa da Morte, que enche un espacio dela creando para todos nós.

Como xa ven sendo habitual, a Costa da Morte dende fai uns meses a esta parte está convertíndose nunha zona lanzandeira en canto as novas tecnoloxías, tendo o espacio supracomarcar máis dinámico e actualizado de Galicia, e xa se están aproveitando os seus habitantes deste fenómeno, xa que cada vez son máis os comerciantes, artesáns e empresarios que ven nas novas tecnoloxías un medio eficaz e interesante para darse a coñecer e poñer á venda os seus productos.

Sen máis, desexarlles un Bo Nadal e un ventureiro Ano Novo.
 

Por certo, xa estamos na nova nº 60
 
 Entre para ver as novas anteriores
 
  
Para subscribirse o boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com
 
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
 
 
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com