|
|
Xosé Manuel Lema A deputación provincial da Coruña
vén de inicia-los trámites de adquisición do antigo
complexo alfareiro do Forno Novo ubicado na localidade de Buño,
O conxunto do Forno Novo está composto por un forno onde se cocía e se elaboraba o barro, uns alpendres de procesamento da materia prima, un cabazo que cumpría funcións de almacén amais das casas de residencia dos artesáns. A entidade provincial pretende rehabilitar este complexo e convertelo nun ecomuseo para que no medio dun entorno apacible se recupere este vello oficio na súa variante máis primitiva. O técnico cultural da deputación, Felipe Senén, asegurou que se trataba dun dos últimos destas características en toda Europa e que a idea era que os oleiros volverán a revitalizar as históricas "fornadas" neste lugar, aparte facer un traballo de recuperación dunha fermosa tradición na comarca, de conservar unhas edificacións do século XVII e aproveitar o tirón turístico que poden ter estas mostras en vivo. Felipe Senén louvou o potencial oleiro
de Buño, e dixo que facía falta unha iniciativa deste tipo
para dar un paso de futuro no sector desde a riqueza do pasado dun traballo
que soubo resistir o tempo.
|
|