|
|
Afonso Xabier Canosa Constantino Moreira é un grande coñecedor dos problemas da erradicación do lume. Coñece moi de perto a gravidade dos danos que cada ano perpetran os incendios forestais. O mozo porteño é autor de un pormenorizado estudio sobre o aproveitamento económico dos montes, alén de un perfecto coñecedor da Costa da Morte. O vindeiro 25 de abril presentará publicamente o seu estudio, no transcurso dunhas xornadas organizadas pola mancomunidade de montes do Val Miñor en Pontevedra e patrocinadas, entre outras entidades, pola Caixa de Vigo, Caixa Pontevedra e Conselleria de Medio Ambiente. Constantino foi convidado a participar nunha mesa redonda na que falará acompañado das máximas autoridades na materia. Nas xornadas estarán presentes arqueólogos, apicultores, membros de mancomunidades e técnicos do goberno autónomo.
A Costa da Morte Web ten o pracer e a honra de
presentar en exclusiva un avance do traballo de este mozo que presenta
solucións para comezar a traballar.
|
|