|
|
Anxo Abelaira O novo ano turistico que comeza coa Semana Santa caracterizarase pola continuidade da progresion positiva no numero visitantes e de oferta de servizos turisticos. A Costa da Morte configurase como grande destino turistico para comezos do segundo milenio. Importantes cambios socioeconomicos veñen
definindo a historia das terras e xentes da Fisterra galega desde hai
30 anos. Duns indices macroeconomicos parellos aos dun pais do terceiro
mundo, a Costa da Morte convertiuse neste tempo nunha das comarcas de mais
prometedoras oportunidades economicas de Galicia. Xunto ao
revolucionario desenvolvemento do seu tecido productivo, un
novo entrante comeza a pesar na economia rexional : o Turismo. Motivado desde o nacemento do turismo interior,
o progresivo aumento de visitantes vén animando ás economias
familiares da Costa da Morte a investir en infraestrutura turistica hosteleira.
Este crecente investimento do sector privado ten encontrado
recentemente resposta na politica de promoción turística
dos organismos publicos galegos, que comezan a privilexiar a rexion nas suas campanhas
publicitarias. A rexistrada confirmación da Costa da Morte
como zona de preferencia turistica, pese ao contexto non favorable de
restruturacion e recesión economica, configura estes montes e costas como destino turístico maior na UE para comezos do
proximo milenio.
Esta industria que actualmente está a emerxer
en Galicia e na Costa da Morte ten experimentado idéntico proceso
no resto das Fisterras atlánticas europeas. Tras a recuperacion
economica posterior á II Guerra Mundial, estes países de parellos
indices socioeconomicos e idiosincrasia cultural ao galego viñeron
definir un novo turismo diferente do estacional de masas. Millóns
de visitantes de todas partes do mundo repiten cada ano lecer nos espectaculares
e rurais escenarios fisterráns, lonxe do estrés
das cidades, envoltos nun seducinte e máxico marco cultural.
Neste ano 1998 o turismo celta repetirá
os resultados das tempadas anteriores. A verde Irlanda e a noble
Escocia principais destinos turísticos de Europa occidental. Os habitantes
de Gales e da Cornualla serán sixtiplicados por mor dos turistas.
Bretaña tratará repetir o abraiante dado tirado en 1997 que confirmaba
á Galicia francesa como primeira rexión turística na Francia
por riba da tradicional Costa Azul.
Todavia na busca dun favorable marco para a economia
galega dentro da UE, a industria turística galega estase
a beneficiar indiscutiblemente dos avanzos e melloras en infraestruturas básicas,
notadamente as de comunicación terrestre.
A diferente implicación dos poderes públicos
determinará a aceleración deste natural proceso de configuración
de Galicia e da Costa da Morte como principais destinos turísticos, en
concreto a mellora do transporte ferroviario, creación de ligazóns
marítimas coas Illas Británicas, apoio ao investimento privado
en infraestruturas e comercialización, promoción exterior,
e máis control da política urbanística e doutros mecanismos integradores
dos entrantes turísticos na economia rexional.
O sábado dia 11, durante todo o dia, no estánd de Radio
Neria, apresentación da Tenda
do Encaixe de Camariñas, un web confeccionado en distintas linguas
para a promoción e venda do encaixe. Ven a coñecernos !
|
|