Coast of Death  
Costa de la Muerte   
Côte-de-la-Mort  
Küste von Tod 
 
 
 
 
 
 
Tractores británicos e italianos con rodas francesas e combustible español reclaman dereito á producción de vacas frisonas
  Guiados por mans galegas

A pasada terza feira, 20 de xaneiro, o web Costa da Morte foi á maior comarca gandeira da sua área de influencia e a unha das maiores productoras de leite de todo o país: Xallas.  

En Santa Comba a economia tanto da vila como das parroquias depende da agricultura e, nomeadamente, do sector lácteo. A comarca é unha das maiores productoras de leite do país. O pequeno comercio vive fundamentalmente do agropecuario. A restauración, bares e pubs, dunha "movida" dos sábados sostida polos mozos e mozas das parroquias procedentes de familias onde cando menos un dos membros traballa no sector agrícola. 

Arredor de 150 tractores das máis diversas marcas comezaron a desfilar a media mañán.  Poidemos observar a decadencia de un exemplar mítico do agro galego: xa non quedan Barreiros. Os exemplares presentes eran mínimos. Abundaba o Ebro, absorvido pola multinacional Kuvota. O resto eran John Deere, Massey Ferguson, Fiat, Zetor (novo modelo do leste), Renault, Lamborgini e Landini. As rodas que os movian  Michelin, Firestone, Pirelli e Good Year.  

Levaban gasóleo tipo C fabricado na refineria da Coruña, propiedade de Repsol e comercializado baixo as marcas Repsol, Campsa e Petronor. Alguns usaron combustible de Galp, Cepsa, Elf, Avanti e Shell.  

Frente a tanto despegue de multinacionais  guiadas por mans galegas para axudar os ubres de productoras frisonas, aguniadas e desesperadas ante o terror de teren que conter o leite, desprazáronse arredor de 50 axentes da garda civil en acto de forzas de ocupación, no maior despegue policial dos 90 en Santa Comba. 

Os comentarios eran variados e, finalmente, aparcáronse os tractores nas aceras. Houbo un pequeno percorrido de arredor de 30 ou 40 tractores polas ruas e periferia de Santa Comba. 

A medio dia foise xantar polos bares e tabernas da vila. Pola tarde continuou a calma ata que se volveu para a casa.  

 "Considero que houbo unha descoordinación entre os sindicatos" afirmaba Xosé, un mozo que dirixe unha explotación de "mediano tamaño" con 20 cabezas das que 15 están en producción. 

As solucións ? Segundo Xosé: "un aumento na cota que permita, como mínimo, cubrir a demanda interna". Nestes momentos consúmese no estado máis leite do que se produce. 

Diversificación? "non é suficiente. A longo prazo hai que tender á diversificación por calidade". "A saída da carne é difícil porque tamén hai superproducción a nível europeu". "Agricultura ecolóxica". 

Modernización? "máis traballo a pé de obra e menos teoria". 

   
 

 Hai hoxe oito dias...
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Informacións, suxestións e críticas a : costadamorte@finisterrae.com