Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas
· Axenda

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e Hostais
· Apartamentos
· Casas Rurais
· Albergues e Campismo
· Inmobiliarias

· Restaurantes

· Onde ir de marcha
· Actividade Cultural

· Historia
· Persoeiros
· Naufraxios
· Literatura

· Horario de autobuses
· Mapas

· Na Costa da Morte
· En Galicia

· Xiria
· Fed. Galega de Chave

· Webcam
· Fondos de escritorio
· Protectores de Pantalla

· Cabana
· Camariñas
· Carballo
· Carnota
· Cee
· Corcubión
· Coristanco
· Dumbría
· Fisterra
· Laracha
· Laxe
· Malpica
· Mazaricos
· Muxía
· Ponteceso
· Santa Comba
· Vimianzo
· Zas

· Ribeira Sacra
· Louro.org
· Rías Baixas
· Blog de Suso Lista

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
12º Ano - 4ª Epoca - 04/09/2010

CALIDADE TIC NA COSTA DA MORTE
mardequeo.com recoñecido co distintivo CalidadÑtur Oro

O selo Ñtur é un selo de calidade como 'aloxamento dixital' que conta coa financiación dos fondos Avanza do Ministerio de Industria.

Este proxecto promove o coñecemento dos beneficios que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) poden aportar ao sector do Turismo Rural, e valora a súa adopción e implantación entre os axentes implicados.

Ñtur cerfifica a calidade da situación tecnolóxica, o posicionamento no entorno con respecto á competencia e posibilita a comercialización con máis de 1500 turoperadores.

A web mardequeo.com, creada por Abertal, conseguiu o nivel ouro deste selo de calidade.

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Selo Ñtur >>
Mar de Queo >>
Abertal Networks >>

Novas relacionadas  


NOVA WEB DE INSTALACIÓNS TASENDE
A empresa ten máis de 40 anos de experiencia no sector

A empresa de instalacións de calefacción, fontanería, gas e enerxías renovables INSTALACIÓNS TASENDE presenta a súa nova web, máis atractiva e dinámica.

Conta con información sobre a empresa e sobre os diferentes tipos de instalacións que levan a cabo, dende instalacións de calefacción e gas ata as de enerxías renovables, pasando por sistemas de rego ou de aspiración centralizada.

Tamén se indica a situación xeográfica e facilítase un formulario para contactar coa firma carballesa.

Bótalle unha ollada!

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Web de Instalacións Tasende >>

Novas relacionadas  


ESTANCIAS POR TRABALLO NA COSTA DA MORTE
Condicións especiais para empresas, convencións, reunións de traballo

Agosto remata e con el chega a fin das vacacións e do tempo de lecer para gran parte de nós. Pero a volta ao traballo e ás actividades diarias son máis levadeiras con axudas como a que nos ofrecen desde o Hotel Insua.

Todos aqueles traballadores/empresas que precisen un aloxamento para realizar a súa actividade poden aproveitar as condicións especiais para empresas que ofrece Hotel Insua.

Estas condicións especiais contan con tarifas reducidas e descontos ademais dunha serie de servizos adaptados. Tamén se ofrecen facilidades para a celebración de convencións e reunións de traballo e bonos regalo para clientes empresa.

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Web do Hotel Insua >>

Novas relacionadas  


HOTEL RÚSTICO A TORRE DE LAXE ESTREA WEB
Novo complexo turístico en Laxe

Situado en Campo da Torre (Laxe), este complexo turístico foi inaugurado este mesmo ano.

Toda a información sobre este establecemento está dispoñible na súa nova páxina web que leva incorporado un formulario de contacto para solicitar información sobre a dispoñibilidade de habitacións ademais dunha listaxe detallada dos servizos e propostas de lecer.

Ofrece galerías de fotos de todas as instalacións; localización en Google Maps e outros datos de contacto.

Ademais das tarifas para cada unha das súas instalacións dispón de ofertas e tarxetas de regalo para acertar con ese agasallo especial.

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
A Torre de Laxe Hotel Rústico >>

Novas relacionadas  


ROMARÍA DOS MILAGRES DE CAIÓN
Do 5 ao 12 de setembro

Son moitos os peregrinos que nestes días camiñan cara ao santuario da Virxe dos Milagres coincidindo co comezo dos cultos solemnes deste sábado 4 dentro desta Festa declarada de Interese Turístico de Galicia.

O domingo 5, subirase a imaxe da virxe dende a igrexa parroquial ata a ermida. O mércores 8, propio día desta romaxe mariana, haberá oficios durante toda a xornada e, por último, o domingo 12 a santa volverá en procesión ao templo da parroquia.

Polo que respecta á parte lúdica, a oferta é variada: día do neno, teatro de rúa, maxia, trofeo de chave, fútbol e a actuación das orquestras Nova Palma, Philadelphia, Ciclón e Fin de Siglo.

O pregón será o mércores 8 ás 22.30 horas a cargo da Conselleira do Mar, Dna. Rosa Quintana.

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Web do Concello da Laracha >>
Blog da Peña Royal de Caión >>

Novas relacionadas  


FESTAS DA BARCA
Muxía, 10,11,12 e 13 de setembro

Un ano máis achégase a romería da Virxe da Barca de Muxía, declarada de interese turístico nacional.

A semana antes das festas será a semana cultural con teatro, maxia, contacontos e música que podes consultar na nosa axenda.

Desde o venres 10 ata o luns 13 pasarán pola localidade un total de nove orquestras, grupos de gaitas, xigantes e cabezudos e moita pólvora.

O sábado haberá música ata o amencer para recibir o día grande da romería. Será o domingo coa misa e a procesión que acompañará á Virxe desde o santuario da Barca ata a igrexa parroquial ademási do lanzamento da 'maior traca de bombas de toda Galicia' que terá lugar ás 14.30h.

Estes catro días de festa rematarán o luns coa procesión que traslada de novo á Virxen ao seu santuario.

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Web do Concello de Muxía >>
Axenda >>

Novas relacionadas  


BOTA A ANDAR O PROXECTO DO BARCO AREEIRO «DUNAS DO ANLLÓNS»
O proxecto atenderá á poboación escolar pero tamén á turística.

Baseándose na vinculación histórica que a desembocadura do Anllóns tivo co mar, como espazo marisqueiro e de pesca, este proxecto pretende recuperar a navegación polo río e crear unha nova ruta de interese turístico na Costa da Morte promocionando a enseada da Insua como Lugar de Importancia Comunintaria.

O novo barco areeiro, que será bautizado co nome de «Dunas do Anllóns», será propulsado mediante enerxías renovables xa que contará cun teito de placas solares que serán a súa principal fonte de enerxía.

Ao mesmo tempo que se potencia unha navegación limpa e sen contaminación, dase a coñecer a carpintería de ribeira que no pasado se levaba a cabo nesta zona e que se amosaba en magníficos barcos. Outro dos obxectivos é o de servir de aula ambiental e de estudos científicos.

«Dunas do Anllóns» ten prevista a súa botadura na primavera do 2011 na enseada da Insua e atenderá tanto á poboación escolar como á turística.

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Web do Concello de Cabana >>
Web do Concello de Ponteceso >>

Novas relacionadas  


APERTURA ESTIVAL DA FERVENZA DO ÉZARO
Abrirá todas as fins de semana ata o 21 de setembro

As comportas do encoro que retén o caudal do río Xallas abrirán todos os sábados pola noite de 23:00 a 23:30h con iluminación e os domingos de 12:30 a 14:00h. A tempada de aperturas estivais finalizará oficialmente o 21 de setembro.

O Xallas é o único río de Europa que desemboca en fervenza sobre o mar. Non último tramo ten un desnivel de 155 metros, sendo a altura da fervenza de 40 metros. Antes de chegar ao seu final, o río é retido por tres encoros: Fervenza, Castrelo e Santa Uxía. Estes tamén son lugares recomendados pola súa beleza paisaxística, abundante flora e fauna autóctonas.

Na contorna da fervenza hai unha área recreativa, dende a que se poden ver os pantaláns deportivos, a praia e a vila do Ézaro. Recentemente, o Concello de Dumbría editou unha guía turística que se pode recoller no consistorio.

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Concello de Dumbría >>

Novas relacionadas  


INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO DE AUTOBUSES NA COSTA DA MORTE

Dende o diario dixital Quepasanacosta.com están a traballar para mellorar o acceso á información dos horarios de autobuses para os veciños, os visitantes, turistas e peregrinos da Costa da Morte. Por iso nos ofrecen un útil espazo online onde se poden atopar todos os horarios integrados dos autobuses da Costa da Morte.

Estos horarios tamén se difundirán a través do reparto de carteis dende Carnota ata Camariñas, pasando por Fisterra, Corcubión, Cee, Carnota, Muxía, Vimianzo e Zas e tamén nas liñas que nos unen con Santiago e coa Coruña.

Para todos aqueles que desexen contar cun destes carteis, poden contactar con info@quepasanacosta.com, no 637 704 893 ou ben descargandoo e imprimíndoo dende www.busescostadamorte.com

Con esta medida, todo visitante da bisbarra e todos os veciños poderán obter con máis facilidade información sobre o servizo de transportes da Costa da Morte.

Pero a cousa non pretende quedar aí. Os equipos de Quepasanacosta e Galinus están artellando a creación dun cartel para as paradas de bus, os puntos de información turística ...

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Horario de Autobuses >>
Quepasanacosta >>
Galinus >>

Novas relacionadas  


FINISTERRAE Nº 4 XA ESTÁ NA RÚA !!

Como xa ocorreu no ano 2007, esta Semana Santa sae á rúa finisterrae, a edición impresa deste portal web. Como comprobaredes en canto a teñades nas vosas mans, o número 4 é a merecida herdeira do noso número anterior; a revista preséntase a toda cor e ofrece textos tanto en galego como en castelán.

O patrimonio da Costa da Morte é o gran protagonista da publicación: entre outros contidos de interese, atoparedes sendas reportaxes sobre a Ruta dos Faros, un atractivo percorrido polos espazos naturais da zona e, asemade, poderedes coñecer os principais museos cos que contamos. Por outra banda, e como non podía ser menos dada a riqueza ornitolóxica que atesoura a Costa da Morte, nesta ocasión adicamos un espazo ao Congreso de Aves que se celebra en abril en Cabana.

Finalmente, queremos unha vez máis amosar o noso agradecemento a todas as empresas e institucións que colaboraron para que finisterrae saíra á rúa.

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Portada da Revista >>
Ruta dos Museos >>
Ruta dos Faros >>
Un Territorio de Contratastes >>
Mapa Central >>

Novas relacionadas  


Hemeroteca: 1997 · 1998 · 1999 · 2000 · 2001 · 2002 · 2003 · 2004 · 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010


Buscar



· Empresas
· Páxinas Amarelas
· Páxinas Brancas

· Escribe na súa libreta

· Ano 1997
· Ano 1998
· Ano 1999
· Ano 2000
· Ano 2001
· Ano 2002
· Ano 2003
· Ano 2004
· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010

PRESTIGE
A Sombra Negra

ESPECIAL DAKAR
Fran Gómez Pallas

MANIFESTO
Parque do Megalitismo

CALENDARIO 2010
Hórreos Costa da Morte




info@finisterrae.com
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©
finisterrae.org