voltar

 
 
 
O Web Costa da Morte quere facer constar que as opinións verquidas neste espacio son absolutamente libres e alleas á opinión do noso espacio.

Autor: Pepe de Lou (O veciño Cabreado)

Triste fin o dos rapaces vimianceses recentemente falecidos na Estrada-Matadoiro comarcal 552. Triste fin e tristes datas para perder un ser querido. A verdade é que calquera data é mala para que a un lle quiten un anaco de vida, refírome os pais dos rapaces, pero si todos son malos este é o peor. Sen dúbida. Agora ven, este é o tempo das valoracións, das columnas nos xornais e en internet, das verbas de ánimo, das barbaridades, dos dimes e diretes, en fin. Teño a impresión de que calquera cousa que diga sobre este asunto non virá a conto, e é máis, pode resultar ofensiva. E ainda que en moitos casos, sobre todo en política, que pareza ou non ofensivo algo do que eu digo me daría igual, neste caso non quero que pareza así. De forma que vou tratar de argumentar por onde vou coas miñas verbas.

Si ben é certo que en moitas ocasións, moitas máis das que sería dexesable seguro, os accidentes de tráfico se producen por erros humáns, en demasiadas ocasicóns a estrada ten moito que ver. E neste caso non é así, e non saben canto me gustaría que fose, pero non é. Temos na costa da morte un cáncer que cruza a bisbarra de norte a sur. Chámase comarcal 552 e si ben volvo a recalcar que en moitos casos non ten nada que ver, de tódolos xeitos sería faltar á verdade si non comentase un par de cuestións. Non sei cantas curvas ten esta estrada, pero sí cantas rectas, porque teñen nomes e apelidos todas, TODAS. A recta da Anchoa, Lobelos, Berdeogas, Vimianzo, Baio (en tramo urban, igual que Vimianzo e Lobelos) Nantón, e... e fin porque todo o demáis é autovía se vostede quere pagar, ou comarcal en zona de risco absoluto si se atrebve vostede a navergar por Carballo, Arteixo ou Laracha. Eso é cousa súa. Contaron cantas eran, non importa dígollo eu, eran seis. Seis para máis de sesenta Kilómetros. O outro día estiven en Castela e as rectas teñen todas o mesmo nome; interminables. Non digo que non haia montes pero, postos a expropiar, polo menos non mandemos o burro diante para que marque o camiño, como antigamente. Agora hai topógrafos, Licenciados en Camiños, Xeólogos, en fin xente preparada. Todo antes do burro.

A última, ¿lembran vostedes aquel carril de adiantemento en Vilaseco-Vimianzo?. Pois sígano lembrando, porque xa é historia. Agora os veciños de Vilaseco poden por fin entrar nesta localidade sen problemas, por mor das dúas isletas que veñen de pintar na estrada. Na famosa estrada. Remendos. Agora, lembren o que lles digo, non tardamos tres días en rexistrar o primeiro trastazo nesa zona. Lembren, dígollo eu. Pero non importa, sigamos remendando. Xa se arranxou o Rempenin ¿non?. Pero, ¿porque? ¿polo arranxo ou porque a xente xa estaba máis que apercibida de que ese era un punto negro negrísimo con x mortos as súas costas?. E agora Cuiña cal é o seguinte remendo?.¡EH!.¿Cal será o seguinte apaño?. Dotar de visibilidade a curva de Santa Irene por si algún conductor non é capaz de ver que outro está invadindo o seu carril e pode ocasionarlle a morte?. Estou seguro de que cando o conselleiro baixa aquí, a esta terra, se pensa moi moito facelo en helicóptero. Porque el sí sabe como está a estrada. El si. E si non é en helicóptero, baixa nun audi, ou nun volvo. Coches baratos, nada seguros, xa saben. Maldita estrada, malditos asasinos, que nos teñen aquí, condenados a sufrir esta sin razón, de sair de viaxe a trinta quilómetros coma que vai a unha guerra por non saber se seremos quen de chegar o noso destino, ou de voltar a nosa casa. Así Cuiña, así. Estás facendo un bo traballo, en prol de que baixe o paro. Para dormir tranquilo chaval. Si señor. Perdoen o desafogo, pero hai veces que a miseira nos chega tan arriba que o mellor é non calar, si un non quere afogar de pena e rabia. Que xa está ben de decir que todo e culpa do alcohol e da xuventude, por dios. Non é normal tanta historia. Ten que pasar algo máis, pero as veces é mellor non remexe-lo miolo. Non se nos vaia estropear. Ata outra.

Outros artículos de opinión

Pode vostede enviar os seus comentarios e opinións, remitindo un correo electrónico a 'Opinión desde o Finisterrae'.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Lugares
Natureza
Que facer?
Contos
Pousada
Tenda
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com