|
|
![]() |
Autor:
Pepe de Lou (O veciño Cabreado)
Voulles contar unha cousa. Hai uns días que me pregunto a que narices ven eso do nadal, e toda a parafermalia de paz, amor, solidariedade e concordia entre os homes de boa vontade. Me pregunto incluso o porque das letras das panxoliñas nese mesmo contexto da humildade e bos sentimentos. ¿A que tanta patraña?. ¿E que hai alguen aínda que non se dese conta de que nesta terra está prohibido soñar?. Teño un amigo que en moitas ocasións utiliza unha frase… como era… ¡Ah, si 'Non temos para comer e gastamos en estampitas', que é algo así coma decir que as pasamos canutas pero imos de campións, ou que andamos decindo que chove cando nos estan mexando por riba. Mal asunto porque a min non me gusta que me vendan a moto, coma se fora imbécil ou algo así. Por partes: Paz: Están de coña non. En Chechenia os rusos fulminan civiles e guerrilla coma quen xoga a quiniela (unha dobre, unha triple). No Celta-Depor acaban a ostias, e por moito que eu me achegue cheo de boa vontade e magníficos sentimentos o meu veciño que me odia, coma baixe a garda me esnafra. Fixo. Amor: Tema peliagudo este. Eu pasei moitos nadais só, e sei o que se padece. Pero para ser sinceros padecía o mesmo no veran só, no entroido só, ou un día calquera dun mes calquera sen festividade nin nada, só. Porque a soedade ten eso, que non entende de datas, nin de nada, so entende de desesperación, de tristura, de bágoas e de falla de cariño. Falla de amor. Mal rollo polo tanto. Sigamos. Solidariedade: Deixando a parte o difícil que é pronunciar esta verba en galego normativo, a realidade é que o único que coñezo, realmente solidario, é un primo meu que unha fin de semana de cada duas se 'solidadriza' co seu estómago e se pega unhas zampadas de impresión nun coñecido restaurante de Santa Comba. Nin con anuncios, nin con ONG'S nin con Lady Di, feita virxe por obra e gracia dun artista italiano, nos van a convencer de que somos unha panda de mezquinos, egoistas e asquerosos consumistas, elevados o paroxismo deste sistema comercial por obra e gracia dos gobernos occidentais e do Corte Inglés. Nos merecemos unha manada de paus por moitas cousas, pero unha delas e por ser tan extremadamente retorcidos que o último en deportes de risco é irse a Venezuela, ou a Turquía ou a Guatemala, a ver como chove, si nos pilla unha riada, ou cantos cadaveres e capaz de levantar o noso can nunha hora. De coña. Eu son seguramente o menos indicado para falar, pero me gustaría chamar a atención sobre unha enquisa moi recente. En España hai seis millóns de pobres, entendendo como tal a aquela persoa que ten que subsistir con menos de trin e sete mil pesetas mensuais. Seis millóns de corenta. O dito, de coña. E por último… Concordia: Si, si. Concordia entre os políticos, as institucións, os veciños, os amigos e enimigos. Concordia co que che rouba, co que che engana, co que che vende algo innecesario, co que che explota por catro perras, co que che minte sobre unha relixión inventada antonte o mediodía por catro tios con vista, concordia co capital, cos bancos, co estado, concordia entre pescadores e consellería de pesca, entre agricultores e ministerio, entre grandes empresas e grupos ecoloxistas. Concordia entre esquerdas e dereitas, entre gais e neonazis, entre Barça e Madrid, entre Garzón e Oubiña… Unha autentica falacia. A Concordia, o nadal, os bos sentimentos derivados destas festas, no mundo actual, tal e como agora están as cousas é a maior mentira xamais contada. Isaac Asimov poriase vermello vendo que a ciencia-ficción é tan real baixo o calificativo de concordia que asusta. En definitiva; o nadal debería ser en realidade unha data de loito pola enorme inhumanidade da raza humana. Unhas datas para chorar pola enorme inmundicia na que estamos a converter este mundo. Patético mundo. E agora, haber si alguén con conciencia é capaz de decirme a min Feliz Nadal.
|
||||||||||||
|