|
|
![]() |
Título: O mal tempo Aqui cando chove, chove. Con maisculas. De arriba cara abaixo, con forza, de maneira evidente e sin ambaxes. E ademais, non para. Chove seguido, non para, e caen litros e litros de auga continua. E ademais, vento. Moito vento. Cen, cento dez, cento vinte quilometros. E mais. Nesta terra do demo, o mal tempo non é unha circunstancia, senon unha liña vital. Crea problemas reunmaticos e osteoporose, depresions e psicopatias graves, riscos diversos derivados de accidentes con arbores caidas, e risco nas estradas que manteñen unha constante capa de auga sobre a via, esbaradiza en exceso. O tempo aqui e un elemento definitorio da calidade de vida. Da incalidade, se me permiten o termo. O tempo climático e o cronoloxico se tocan neste punto. Porque o cronoloxico se corta aqui, por mor do climatoloxico. Se para a vida. A senté sae nada ou casi nada a rua. O esencial. Os mariñeiros non traballan, e deambulan polas vilas mariñeiras coa cara baixa, e preocupados. O resto e traballos se ralentizan ou paralizan totalmente. Os albaneis traballan so baixo cuberta, o resto das xentes tardan en chegar os seus traballos, comezan as gripes e os malestares derivados, a dor de oidos, en definitiva baixa o rendemento de todo o mundo en polo menos un 30 por cento, e iso notase. E este ambiente continua, imperturbable, ata polo menos abril. Ata semana santa coma minimo. Porque segue a chover. Agora, en Decembro e cando comezan realmente os problemas. Son datas moi especiais, e aqui todo o mundo ten senté fora, que as veces non pode volver coma reza o anuncio de turron, e ademais chove.... Na Costa da Morte non "mola" que sexa nadal. Fai demasiado frio, chove,
hai vento e os mariñeiros pasan fame. Non "mola" nada. Nadiña.
Autor: Pepe de Lou (O veciño cabreado).
Outros
artículos de opinión
|
|||||||||
|