|
|
![]() |
Título: O Porche Para min que
o que pasou en Zas non foi unha cuestión persoal. Non me digan
porque, pero dáme a espiña de que o do paso dos independentes
o PP, e mais unha cuestión de estética, que un feito político.
I e que xa se sabe que en cuestión de estilos, non esta nada dito,
e para min que a liña independente non lle ía nada ven a
Ernesto Rieiro. No, Ernesto e mais Kitsch, mais evolucionario, coma fora
de modismos. Aínda que é innegable que ser do PP parece
de moda, Ernesto e familia non cambiaron de pola por cuestións
de estilo, senón mais ben, repito, por estética. A estética
do poder. Seguro que nunca viu vostede a un conselleiro popular en mangas de camisa, ou no caso de ser así, mediaba celebración gastronomica de por medio fixo. Seguro que nunca viu vostede nas filas populares a un membro desta formación, cunha mancha de picota na camisa, ou co dobladillo do pantalón mal posto. Seguro vaia. De certo que na súa vida verá vostede a un representante do PP conducir un vehículo dun prezo inferior os tres millóns de pesetas. E nalgúns casos, os dos altos cargos populares, seguro que non os verá nin conducir. Teñen chofer. A vista destes datos, debería a estas alturas resultar evidente o porque do paso de Ernesto as filas dos populares. Porque, donas e cabaleiros, Ernesto Rieiro, alcalde de zas pola vontade popular, traballador civil, que o leva dando todo polos seus veciños dende sempre, sacrificado alma máter do grupo independente, paladín destas formacións na bisbarra, Ernesto, Ernestiño. O noso neno... acaba de estrear un Porche. No, non falo dun sobrado novo para a súa casa. No estou falando do Porche, do coche, do descapotable deportivo, que no caso mais barato, se achega mais os catro que os tres millóns de pesetas. E ese non é o caso do de Ernesto. No, Ernesto conduce un Porche, con tódalas letras. As letras do crédito, claro, que ninguén pense mal. Por que Ernesto, o contrario tal vez que algúns altos cargos do PP, tivo que pedir un crédito para pagar o coche ( un ohhhh, mais grande veña). Pero no me dirán
que, conducindo un Porche, se pode ser Independente. Habia que ser do
PP. Lóxico.
Autor: Pepe de Lou (O veciño cabreado).
Outros
artículos de opinión
|
|||||||||
|