voltar
Novas sobre a Costa da Morte
 
O Web Costa da Morte quere facer constar que as opinións verquidas neste espacio son absolutamente libres e alleas á opinión do noso espacio.

Título: Maldito mar

A día de hoxe segue a xulgarse que foi o que sucedeu, e de quen foi culpa que dous mariñeiros xoves, saudables, e na flor da vida vaia, agora estean criando malvas nun cemiterio e Muxía. O asunto do Rey Alvarez II, trouxo cola dende que sucedeu, no ano 97. Porque a ninguén lle encaixaba no seu cadro de cousas normais e anormais, que os rescatadores se convertesen en asasinos. Dous mariñeiros de Muxía morreron naquel día de agosto, mentres o seu barco afundía, e o mais chungo e que estiveron apunto de ser salvados. Pendurados do cable da vida, estes dous mariñeiros viron as caras do operario da grúa que os subía o helicóptero de salvamento, as caras dos seus compañeiros, xa a salvo no interior da aeronave, os restos do barco no que antes traballaban, facía so uns intres, e que agora se desfacía baixo os seus pés. Estes dous mariñeiros viron todo esto, e deberon pensar, mentres o cable da vida os subía, que tiñan moita sorte de estar vivos. E de súpeto, sen darse conta, sen aviso previo ou sensación especial, de novo, estaban na auga. E ese operador de grúa, que nestes días senta no banquiño dos acusados, tivo que asumir que tiña que cortar o cable da vida, e desconectar (por so uns intres pensou) a estes dous mozos da súa vida. Antóllaseme esta unha difícil decisión. Dificilísima. E mais, eu non seria capaz. Seguro. Pero esta xente esta feita doutra pasta.

Tiña este operario que decidir, si continuaba tensando co peso de dous homes un cable a piques de romper, poniendo en evidente perigo o resto dos rescatados e a súa vida, ou si cortaba o cable e deixaba a mercé dás augas os dous falecidos. E non dubidou. Cortou. E así, se cortaron para sempre as vidas destes dous homes, que non se casaron ou viron medrar os seus fillos, ou envelleceron, ou enfermaron, ou soñaron, ou foron felices, ou morreron, na súa cama, ou nun accidente de coche, ou que sabe dios que.

O único real, a parte de que os mariñeiros non levaran chalecos con reflectantes, ou que as bombas de achique do barco non achicaran da merda que tiñan, o único real de verdade foron os enterros dos dous rapaces, nunha vila rota de dor, coma todas cando pasa algo así. Pero ademais, aquí, sabendo que podía non ter pasado.

Non sei si é certo que o cable de marras tiña fallado xa en outras ocasións, días antes. Non sei si a decisión do operario da grúa foi a acertada, ou si podía ter apurado mais e salvalos o igual que os seus compañeiros. O único que sei e que estou moi canso de enterrar a mariñeiros (esta mesma semana outro; un percebeiro). Son demasiados mortos, demasiadas veces, en demasiados accidentes. Non é lóxico, me digan o que me digan, que se produzan tantos accidentes. No mar non. A xente que traballa no mar non son afeccionados. Non son conductores turistas, que se arriscan por ignorancia, nin tampouco especialistas confiados. No mar non confía nin Dios. Aínda mais, non sei coma vai eso de "Dios creou o... no segundo día creou ... e no terceiro...". Si Dios creara o mar no primeiro día, e non tivera un mariñeiro da costa da morte cerca, seguro que afogaría antes de cegar o domingo e descansar. Seguro, porque aquí a xente sabe moito. E nembargantes morren. ¿ Que estamos facendo mal?. Ou mellor seria,¿ que non estamos facendo?. Porque algo estamos deixando de facer seguro. Vale, e un feito que o mar e perigoso, pero ¿coma se come que unha tecnoloxía que ten chegado a outros mundos, unha tecnoloxía que é capaz de estenderse por todo o mundo de maneira instantánea con so premer un botón, como é posible que esa capacidade de pensamento, non poida crear un sistema de seguridade e protección, seguro de verdade, barato, e sinxelo?.¡¡ COMO É POSIBLE¡¡.

Non hai bemoles a explicarmo a min, para menos as familias dos mortos.

Non queira Dios que alguén, non sei quen, non sei si empresas, administracións, intereses comercias ou quen, non sei, dicía, non queira Dios que calquera destes estea deixando morrer mariñeiros no mar. Xa sei que moitos destes que nomeei non teñen conciencia, pero se así fora, si se demostrase algunha vez, ou cupera a mais mínima posibilidade de que polos malditos cartos, esta morrendo xente no mar.

Mellor non pensemos neso, que a fin de contas, aínda que sexa así, o mellor será estar calados. E chorar polo próximo. Seguro que haberá un próximo. Coma sempre.

Autor: Pepe de Lou (O veciño cabreado).


Outros artículos de opinión

voltar

Pode vostede enviar os seus comentarios e opinións, remitindo un correo electrónico a 'Opinión desde o Finisterrae'.

 
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Lugares
Natureza
Que facer?
Contos
Pousada
Tenda
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com