voltar

 
O Web Costa da Morte quere facer constar que as opinións verquidas neste espacio son absolutamente libres e alleas á opinión do noso espacio.

Autor: Pepe de Lou
Título: O Veciño cabreado

É o fin chegou o calor. As praias enchense, a xente anda semiespida pola rua, e a un se lle pela o corpo enteiro, cun pouco de sol mal tomado, nunha pel débil por definición. E co veran chegan tamen os problemas da época. O calor pòlas noites, os incendios, as longas xornadas de traballo (mais longas que no inverno, que hai mais luz). Unha nova época, que aquí, na costa, nos cambia o bioritmo dunha maneira salvaxe. E co bioritmo nos troca tamen o carácter. E aquí radica o asunto de hoxe. No veran temos unha verba poriba das demais na cabeza; Festa. E o termo por antonomasia. Todalas festas patronais, no veran. As gastronomicas, no veran. Actos culturais e demais, no veran.

Toda unha letanía de romarias e festexos, que o único que serven e para constatar a nosa mala conciencia, as nosas ganas de esquecer, e a realidade inacabada dunha terra vergonzosa. O opio do pobo, na costa, son as festas. E unha maneira de esparexemento, unha válvula de escape, un modo de esquecer que todo son problemas, e que a miña visión pesimista destas terras o mellor non esta tan errada coma a min mesmo me gustaría. No veran somos mais felices, debe ser pola vitamina D do sol. Nesta época, quen non se consola é tonto. Aquí, por un azar do destino, todolos santos do calendario tocan no veran. Que a Xunqueira, en agosto, que San Antonio, en Xuño, San Adrian, tamen en Xuño, as festas de Vimianzo, en Agosto.

Xa ven, os santos lles gustaba o calor, e porque non a praia, quen sabe. Xa se indica na biblia a afición a vela de xesus e algun dos seus apostolos. Porque estes non eran mariñeiros, si o foran, seguramente a consellería lles faría a vida imposible, coma o resto. E estes ademais multiplicaban pans e peixes, asi que... . O veran é unha xudiada. A min gustame o calor, e o sol, e a luz, dun tempo a esta parte. O que non me gusta e gastar en estampitas e non ter para comer. Unha persoa cercana a ensinanza, chamou a miña atención, hai uns dias, sobre esta circunstancia.

Queremos mellor sanidade, mellor educación, mellores estradas e posibilidades de emprego. E nembargantes gastamos 3 millons nunha festa, catro noutra, ou dezaseis ou trinta. Non pasa nada. O conto da formiga e da cigarra. E nos non somos nin formiga nin cigarra. Non somos, por ser, nin burros dos que abundan na Ameixenda, unha parroquia de Cee. Pero non quero chafarlle as festas a ninguen. Siga a diversión. Que siga tamen a pataleta. A fin de contas xa se sabe que todolos males nos tocan a nos.

E o noso sino.

Outros artículos de opinión

voltar

Pode vostede enviar os seus comentarios e opinións, remitindo un correo electrónico a 'Opinión desde o Finisterrae'.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Lugares
Natureza
Que facer?
Contos
Pousada
Tenda
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com