voltar

 
 
 
O Web Costa da Morte quere facer constar que as opinións verquidas neste espacio son absolutamente libres e alleas á opinión do noso espacio.

Autor: Pepe de Lou (O veciño Cabreado)

Que vivir na costa da morte e algo insólito e sobradamente coñecido, sobre todo por aqueles que aquí residen. O que resultaría aíinda máis insólito seria que, sen residir aquí por nacemento, unha persoa decidise, sen coaccións e por propia idea, mudarse a estas terras. Si, xa sei que a beleza da paixase, a fermosura destas terras, o interesante de lendas e lerias varias, en fin, os tópicos utilizados para atraer turistas a bisbarra, que están moi ben, pero que en demasiados casos non corresponden a realidade, son reclamo dabondo para que máis de un se aplique e decida vir a vivir aquí.

Pero tal vez, nese cambio de residencia, faltan datos que deberían ser tidos en conta, sobre todo, por aqueles que teñen que vir a vivir aquí, sen coñecer nin a realidade do territorio nin a das súas suas xentes. Que me chamen o que queiran, pero non me aguanta o corpo sen dicir catro verdades, antes que o bóom das festas e da semana santa faga a máis de un soltar a bandeira da alegría, da felicidade polos bos resultados económicos, e pola cantidade de asistentes, a pesares da choiva. A choiva; este pasado ano choveu na costa da morte 236 días dos 365 que ten o ano. Un andaluz dira, "Jozu, que maravilla", un galego da costa da morte di "Vannos medrar champiñóns nas costas". Por que o verde e moi fermoso, pero hai que mantelo. E costa un ... Costa moito vaia. Mais cousas, o vento; explotado por innumerables empresas eólicas, para o único que hoxe en día serve e para espantar a xouba, para meter medo os mariñeiros, e para dar dor de oídos a máis de un. O vento xiando nas fiestras e portas das casas antigas é moi fermoso... pero non permite durmir, provoca múltiples enfermidades, algunhas delas sicoloxicas, e crea enormes problemas para a circulación de vehículos por estrada. Unha marabilla vaia. Outra, as estradas. Tal vez os turistas que nestas pasadas datas tiveron oportunidade de chegar aquí dende o centro da península puideron observar o magnificamente comunicados que estamos por estrada. De madrid á coruña, (uns cincocentos quilómetros) unhas cinco horas. Da coruña aquí ( uns noventa quilómetros ou menos, depende onde se vai) unha hora e pico. Curvas, todas, e algunha inventada. Firme, o peor, porque non había outro. Sinistralidade, a máis alta, sen dubida, por kilometro de vía. Puntos negros... negrisimos si. En base a todo esto, engadamos por exemplo que o plan leader da unión europea non llo dan a calquera.

Hai que tela condición de zona deprimida, e moi deprimida está economicamente dende datas inmemoriais a costa da morte. Sen aparencia de solución, digan o que digan os políticos, os que algo lles vai no conto sempre. Pero por riba de todo, o máis patético é a situación de illamento e indefensión das xentes da bisbarra. Aquí xesucristo non puxo o pe, que diría un compañeiro, e tal vez para os relixiosos sexa esta a razón de que a Costa da Morte sufra un constante proceso de sentimento de inferioridade. Inferiores que todo, que todos fora de aquí, no cabo do mundo, na fin da terra, lonxe de todo e de todos, a pesares de algunhas inxerencias externas, buscando máis o lucro propio que a elevación do pobo a outros niveis máis humanos. Humanos, que non superiores, porque a necesidade aquí está en que as xentes cheguen o común dos demais mortais.

Esta esquina de europa vai morrer, pero a ninguén lle preocupa. Os mais vivos... foxen. Os vellos, os nenos e as mulleres, coma cando antigamente os normandos atacaban estas costas, quedan e morren. De pena, de sopor, de aborrecemento. De asco. Esta é a costa da morte. O maior golpe no rostro que alguén poida recibir. A costa da morte e coma a antartida. Os documentais son moi fermosos. Vivir nela e imposible.

Outros artículos de opinión

voltar

Pode vostede enviar os seus comentarios e opinións, remitindo un correo electrónico a 'Opinión desde o Finisterrae'.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Lugares
Natureza
Que facer?
Contos
Pousada
Tenda
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com