voltar

 
 
 
O Web Costa da Morte quere facer constar que as opinións verquidas neste espacio son absolutamente libres e alleas á opinión do noso espacio.

Autor: Roberto Traba Velay
Título: Irureta, se viñeras

Onte, previa chamada a Carmucha Velay para saber canto levaba cocendo, fixemos unha caldeirada de pinto de Fisterra que, como dixo Manolo da Pereiriña, sabía a mar. Manué, o pintor fisterrán-castelán, dicía que a caldeira era como comida de hospital e que lle ía ir ben ó seu dorido estómago pero, ó final, o pintor dou boa conta do pinto, das patacas e do pan mollado en aceite cal sacristan de Coímbra barcelonés, e acabou sentenciando que tal mediciña gastronómica non a dan en ningún sanatorio, clínica ou residencia pública nin privada.

Rematámo-la faena con queixo de Cabrales untado con pan tostado ó formo e adornamos o cadro cuns vasos de viño Albariño do que no vou deci-la marca pero que che estaba moi ben. Somentes nos faltaban as mozas, que un a ten en Francia, outro desperdigada por diferentes sitios de Galicia e do mundo e algún non sabe por donde pero, ter, tena.

En fin, comiamos e falabamos de música, de pintura e doutras herbas, pero a miña cabeza dáballe voltas ó artigo de hoxe, que ía a tratar sobre o asunto de Irureta facendo o camiño de Fisterra. ¡Oh!, perdón, quixen dicir en Santiago, non se vaia a cabrear algún. Non sei como Lendoiro, tan defensor e amigo promociona-la Costa da Morte, non lle dou por animar ó adestrador- peregrino de que fora ata Fisterra, que é, quéirase ou non, unha vez máis, o último sitio ó que un peregrino que se precie debe chegar. Despois de recolle-la mesa, Manué botouse a pintar coas acuarelas un negro con gafas de sol tocando a armónica sobre un fondo de amarelos e marróns ó que chamou Muro de Leonardo ou así. Mentras pintaba na barra do bar, moi parsimoniosamente dixo que podía transportar a Irureta ós tempos dos Vabaleiros Templarios, porque ía resultar moi surrealista e tal. Resposteille que podía resultar mou interesante facer un paralelismo en un entrenador peregrino que acaba de conseguir a proeza de gaña-la Liga e un templario, rodeado dunha aureola de heroicidade igual que nestes días o adestrador e os xogadores tra ca tra.

Manolo, atento á pincelada que Manúe trazaba sobre a patilla das gafas do negro, fíxonos baixar ó mundo ó dicir que nos deixáramos de parvadas e que o que tiña que escribir é que Irureta debía de acaba-la súa proeza en Fisterra e entrenar ó equipo local, primeiro pola cola, e se gañara a liga con el tiña que face-lo camiño da Pereiriña a Sinagoga, que tamén está moi ben. Non sei se Irureta virá a Fisterra este ano, pero se quere gaña-la campiñón liga non lle quedará máis remedio, por moito que lle diga o de "aló arriba". Falaba Arsenio: "Os deuses do Olimpo nos axudan porque o noso non creo que se poña nestas cousas". Xa sabemos que o Olimpo Celta está no Pindo, fronte a Fisterra.

Outros artículos de opinión

voltar

Pode vostede enviar os seus comentarios e opinións, remitindo un correo electrónico a 'Opinión desde o Finisterrae'.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Lugares
Natureza
Que facer?
Contos
Pousada
Tenda
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com