voltar

 
 
O Web Costa da Morte quere facer constar que as opinións verquidas neste espacio son absolutamente libres e alleas á opinión do noso espacio.

Autor: Pepe de Lou (O veciño Cabreado)

Sei que houbo un tempo en que tiven xente que seguíu os meus movementos nesto de opinar nos medios sobre diferentes temas que afectan á vida dos veciños na Costa da Morte. Tal vez, algún deles sexa quen de seguir os meus pasos e coñeza que , despois dun breve paso pola prensa local, agora comezo a miña andaina pola rede de redes, sempre coa mesma consigna de facer calar ese pequeno paxaro chamado conciencia, que revolotea pola miña mente de forma constante. Este paxaro, esta vez, díxome que estaba preocupado pola situación da bisbarra (cando non, digo eu) e que lle gustaría que o deixase sair para 'meter un meneo por ahí' que é como decir, para que máis de un se poña a tremer.

E é que o parecer, algúns non se dan de conta de onde estamos e queren extrapolar situacións de outros lugares, de outros foros, para que sexan adoptadas como norma de fé na nosa terra. Si, vou falar de Neria, porque aínda que moitos dos que se atopen con esto na rede non saberán moito do que falo, para eles será este breve relato un momento divertido, espero, mentres que os que teñen que sufrir a 'Berbena da Paloma' na que se ven de converter a politica neste ente, non lles fará nada de gracia o sucedido.

E que era de esperar. Algén nalgunha ocasión, debeu de deixar claro que para facer política había que escandalizar ás masas de cando en vez, porque senon a xente se amodorraba e non lembraba quen era o xefe, ou algo polo estilo. O feito é que xa facía tempo que non saía adiante ningunha polémica co ente supramunicipal coma protagonista así que ó seu presidente, Plácido García, non se lle ocorreu nada mellor que dimitir. Unha decisión respetable, se entendemos que cando unha persoa non está contenta nun sitio o mellor é que marche. E Plácido non estaba contento en Neria. Outra cousa son as razóns da súa infelicidade. Porque por moito que queiramos disfrazar unha situación de algo que non o é, Plácido non marchou de Neria por motivos persoais. Ben, tal vez si fosen persoais, entre duas persoas, mellor dito, entre dúas persoas que tal vez non poden verse, pero polo ben da coexistencia manteñen as formas de maneira encomiable.

A marcha de Plácido García é unha traxedia, e a presidencia de Neria queda agora desvalida como unha ovella entre lobos. É así de cru, e así debe ser dito se queremos cinguirnos á realidade. Neria é un prato demasiado de gusto como para facerlle ascos, e se non, verán co tempo. Xógolles unha cea a que o novo presidente non dura dous meses sen unha decisión polémica. Ou o que sería peor, leva a entidade ó ostracismo.

Plácido García é un gran home, un gran presidente, e probablemente a única persona cualificada, con consenso e entidade, para levar a dirección da asociación coa menor fractura posible entre as diferentes forzas políticas. O que pase de aquí en diante xa non é responsabilidade súa, pero tal vez si culpa da persoa que fixo que marchara. Unha persoa que tal vez non ten paxariño que lle coma os miolos polo que fixo mal. En fin, non vou afondar máis no tema, simplemente dicir que en Neria, Plácido non foi o único que debeu dimitir, e que diante del deberon ir moitos. Esperemos que marchen tras del, se lles queda valor e amor propio. Se lles queda integridade para esto, antes de que realmente alguén descubra quen se senta nos sillóns da comisión permanente da Asociación Neria.

Nada máis que esto... para empezar.

Dentro de quinces días máis dose de desconfianza, medo e malestar coa xestión que nos vemos abocados a sufrir, nunha nova columna. Ata entón...

 

Pode vostede enviar os seus comentarios e opinións, remitindo un correo electrónico a 'Opinión desde o Finisterrae'.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Lugares
Natureza
Que facer?
Contos
Pousada
Tenda
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com