entra e xoga Visita o noso espacio
A Liga da Costa na Rede Siga a Liga da Costa na Rede
Quere chegar á fin do camiño? O Camiño a Fisterra e Muxía

Clasificacións, partidas, ... Especial sobre Xadréz

como pensamos? Opinións desde o Finisterrae


Campaña para salvar os penedos da Costa da Morte

- Nº 108
conhezanos mellor

Visítenos
visite os nosos anunciantes

 
 

Unha empresa quere colocar un novo parque eólico na Costa da Morte.

Información ofrecida por Radio Nordés-Cadena Ser.

Unha empresa de explotación de recursos eólicos pretende instalar un parque eólico no concello de Vimianzo. Como puido coñecer radio nordés, esta empresa xa ten realizado contratacións de terreos ós veciños, na zona do Monte da Vela. Nembargantes dende o Concello non existe constancia de ningunha solicitude de permiso municipal para a presunta instalación, nin tampouco de notificación oficial por parte da Consellería de Industria sobre a posibilidade de ningunha solicitude a este respecto. Preguntando sobre esta nova, Alejandro Rodríguez, alcalde de Vimianzo, declarou coñecer dunha empresa que no seu día tería realizado contactos con propietarios de terreos da zona coa intención de instalar un parque nos montes do concello, aínda que para o rexedor vimiancés, por moitas contratacións que se realicen, a empresa non poderá comezar con ningún tipo de obra ata contar coa pertinente licencia municipal. Para Alejandro Rodríguez, esta empresa comezou a casa polo teito no referente a este asunto, xa que na súa opinión o primeiro contacto debería terse realizado co concello para solicitar as pertinentes licencias, algo que aínda non se ten feito.

O rexedor vimiancés, declarou que estes permisos resultarían indispensables para o comezo da actividade, e quixo recordarlle os veciños que por moitos arrendamentos que se teñan producido, sen esas licencias non se permitirán obras nos montes. O máximo mandatario vimiancés tivo tamén duras palabras para a Consellería, que fora deste asunto ven de solicitar ó concello o cobro do canon da auga para núcleos de máis de 2000 habitantes. Segundo Rodríguez Lema, esta petición e imposible, sempre tendo en conta que no seu concello non existen núcleos maiores de 2000 habitantes. Ademáis, Alejandro Rodríguez criticou que dende a consellería se traten de unir varios núcleos de poboación individuais para tratar de achegarse a mencionada cifra de usuarios, e asi poder cobrar posteriormente o canon. O alcalde vimiancés afirmou que esta taxa non será cobrada no seu concello, e que nunca vai traballar como recaudador de impostos da Xunta.

 

NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!

 

Novas do 1997

Visítenos
visite os nosos anunciantes

Abrese a sección da movida

O Pub A Roda de Malpica inaugura a sección da movida dentro do Web Costa da Morte. Este local que xa é abandeirado na súa andaina diaria, tamén o demostra entrando na rede. Queremos informar tamén que en Febreiro comenzan as tertulias 'Espacio Aberto', que se celebran todos os primeiros domingos de mes ás 6 da tarde. Inaugura Candido Pazó.

Manifestación Agraria

Para o vindeiro día 15 de febreiro vense de convocar unha manifestación polas rúas de Santiago, en protesta pola mala situación do sector agrícola-gandeiro en Galicia. Na bisbarra, os grupos políticos do BNG en Zas e Vimianzo, veñen de presentar dúas mocións ós plenos destes dous concellos solicitando o apoio da corporación a esta movilización. A medida esta convocada de forma común polos sindicatos Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Unión Sindical Agraria.

Homenaxe a Alfredo Brañas

O 28 e 29 de Xaneiro a Agrupación Cultural Lumieira de Carballo realizará esta homenaxe na vila natal de Brañas. Acudirá Justo G: Beramendi e Manuel María.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares de interés
Espacios Naturais
Que facer?
Lendas, historia,...
Aloxamento e mais
Economía
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com