BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
Actualidade
21-07-1999

Técnicos da Consellería estudiarán as características de cada un dos barcos.

PESCA BUSCARÁ SOLUCIÓNS INDIVIDUALIZADAS ÓS PALANGREIROS DE MUXÍA

Información ofrecida por Radio Nordés Balanzo positivo e optimista o que os mariñeiros muxiáns fixeron da reunión mantida este fin de semana cos representantes da Consellería de Pesca, para coñece-las posibles solucións á crise que está a vivir o sector do palangre. Unha vez confirmada a complicación de que o Goberno central conceda o cambio de arte, dende a Consellería asegúrase que se buscarán solucións individualizadas. Unha comisión de técnicos de Pesca achegarase a partir da vindeira semana a Muxía para coñecer, in situ, as características dos catorce barcos que compoñen a flota plangreira e buscar, segundo afirman, saídas de futuro para cada un deles. Pesca asegura que é imposible atopar unha única solución para toda a flota, que pasaría pola pesca do peixe espada. Entre as posibilidades baralladas na xuntanza, os palangreiros destacan a pesca do marraxo e a quenlla, así como a posibilidade de que algunhas embarcacións pasen ó censo de artes menores. Os mariñeiros muxiáns afirman que seguirán a loitar pola pesca do peixe espada. De feito, enviaron xa un fax ó Ministerio de Agricultura e Pesca para pedir unha reunión. As últimas noticias das que dispón o pósito falan de que a cota de peixe espada que solicitan foi xa adxudicada para pesca deportiva e capturas accidentais. NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca