BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 18/11/2017
Actualidade
14-07-1999

A decisión final depende de Industria e do concello de Vimianzo.

MEDIO AMBIENTE DA UN INFORME FAVORABLE Á APERTURA DA CANTEIRA DE PASARELA.

Información ofrecida por Radio Nordés A Consellería de Medio Ambiente vén de da-lo visto bo ás actividades da canteira de granito de Pasarela (Vimianzo) o que reabriu a polémica sobre esta explotación, que afecta a un conxunto de grande valor etnográfico, no que destacan a Pedra da Barca e o Miradoiro de A Cachucha. Segundo fontes da consellería, a extracción de granito podería continuar, sempre que non afectase a estas dúas emblemáticas pedras nin ó seu entorno inmediato. Sen embargo, os grupos ecoloxistas e veciñais que encabezaran no seu momento as denuncias contra das extraccións, manifestaron recentemente a súa disconformidade co informe de Medio Ambiente. PX, Adega e Adiante Soneira aseguraron que aínda que se respeten a Pedra da Barca e o Miradoiro, a canteira suporá un dano irreparable ó conxunto etnográfico e "unha perda de identidade, non só para Vimianzo, senón para toda a Costa da Morte". Nin o concello vimianzés nin o propietario da canteira teñen coñecemento oficial da autorización de Medio Ambiente. O goberno municipal afirma que unha grande maioría dos veciños de Pasarela se amosa favorable á explotación. Dende Medio Ambiente suliñouse que o seu informe non suporá a continuación das obras, xa que estas precisan de pertinente autorización da Consellería de Industria, que se agarda para primeiros do mes de setembro, e da licencia municipal.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca