BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 25/11/2017
Actualidade
06-06-1999

Do 2 de xullo ao 15 de setembro permanercerá aberta a diario

INAUGURADA A VI EDICIÓN DA MOSTRA DE ARTESANIA DE VIMIANZO

Información ofrecida por Radio Nordés O día 2 de xullo comezou a sexta edición da Mostra de Artesanía en Vivo no Castelo de Vimianzo que permanecerá aberta ata o vindeiro quince de setembro e, con posterioridade a esa data, tódalas fins de semana e festivos ata o primeiro de xullo do vindeiro ano, segundo o contemplado no convenio suscrito pola Deputación da Coruña e o Concello vimiancés. O horario de visitas, agás os luns, que estará pechada ó público, será de dez e media a dúas e de catro a oito e media, pola tarde. O día 1, os doce artesáns que están presentes na Mostra asinaron na sé da Deputación provincial o contrato de participación. As modalidades que se poden ver no Castelo son a alfareiría de Buño, zoqueiría, sombrereiría, prateiría, artesanía da pel, maquetería de barcos, artesanía do liño, encaixes, cesteiría e canteiría.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca