BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
Actualidade
20-12-2005

A nova web de Abertal presentouse o luns en Pontevedra

RIASBAIXAS.NET XA ESTÁ NA REDE

A comunidade virtual www.riasbaixas.net comezou o luns, 19 de decembro, a súa singladura oficial pola rede. O acto de presentación, ao que acudiron o director do Padroado, J. Octavio Rodríguez, e o xerente da empresa promotora do proxecto Abertal, Manuel L. Pan, tivo lugar ás 12.30 horas na sede do Padroado de Turismo Rías Baixas. O novo portal pretende dinamizar o turismo das Rías Baixas aproveitando os novos camiños de Internet e das novas tecnoloxías e a experiencia que lle outorga a Abertal ter desenvolvido con éxito outros dous portais irmáns: www.finisterrae.com e www.ribeirasacrata.com. Dende este portal agardamos que o que hoxe naceu sexa só unha pequena versión da grande comunidade virtual que, co apoio e colaboración de todos, chegará a ser no futuro.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca