BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
Actualidade
03-11-2005

Prevista para o 2008

CASA DA CULTURA EN PONTECESO

Os veciños de Ponteceso pronto contarán cunha Casa da Cultura. O concello decidiu emprender a construción dun local para albergar os actos de carácter cultural debido ás numerosas actividades deste tipo que se organizan e á necesidade dun local propio no que realizalas. O edificio ubicarase no antigo campo de fútbol e compartirá espazo coa gardería municipal e cun polideportivo. Prevese que terá dúas plantas, e espérase que nun futuro poida contar cun auditorio con capacidade para 300 persoas.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca